Os mariñeiros do cerco péchanse nos concellos da Coruña, Porto do Son e Bueu

Un total de 200 persoas durmirán en María Pita en sacos de durmir. Contan co apoio das redeiras e do rexedor Xulio Ferreiro que lles facilitou calefactores.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/01/2016 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Os mariñeiros do cerco seguen sen estar convencidos co acordo ao que chegou a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga) coa Consellería do Mar. Por iso, decidiron pecharse nos concellos da Coruña, Porto do Son e Bueu como medida de protesta para reclamar unha "repartición xusta de cotas de pesca". Unha acción que conta co apoio das redeiras e dos propios concellos.

Concentración do cerco na Praza María Pita da Coruña
Concentración do cerco na Praza María Pita da Coruña | Fonte: @pilaraymara.

Preto de dous centenares de mariñeiros decidiron pecharse na sede principal do Concello da Coruña. Alí estarán encerrados, como mínimo, até o xoves, cando está prevista unha reunión en Madrid, e esperarán a "ter noticias" dos que vaian a este encontro. Estes días durmirán en sacos de durmir.

A súa será unha toma pacífica dos concellos porque xa se comprometeron a "que non haxa altercados". Contan co respaldo dos consistorios. O da Coruña entende que a sua protesta é “xusta” e mesmo foron recibidos polo alcalde, Xulio Ferreiro, que lles facilitou estufas “para que non pasen frío”.

Marcos Alfeirán, que é patrón e pertence á directiva de Acerga criticou o acordo acadado con Pesca. “É verdade que hai un pequeno avance, pero non estamos contentos porque non é igualitario, non iguala a cousa. Simplemente os barcos que non tiñamos nada, agora teñen un mínimo que afecta a dez ou quince barcos, pero o problema é o mesmo de sempre, hai quen ten moito e quen non ten nada", apuntou.

O que reclaman é "que as cotas volvan ser do Estado e que haxa un plan de xestión para o Cantábrico Noroeste no que todos os barcos sexan iguais", pois agora a repartición europea faise por comunidades e algunhas teñen moitas menos embarcacións que Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Ana

Mariñeiros, gandeiros, traballadores do naval, afectados polas preferentes, parados, desahuciados, familias que sufren pobreza enerxetica, emigrantes... UNANSE!!. Por separado non teñen forza unidos poden mesmo formar un partido político e acadar o poder.

4 Ana

Deberian xuntarse cos gandeiros, e outros colectivos con problemas xa que a unidade fai a forza. E non pecharse que asi non teñen visibilidade. A clase politica ten que estar encantada de que ante os problemas a xente se peche como forma de protesta en lugar de convocar manifestacions e folgas xerais ou buscar a complicidade da sociedade para votar a quen defenda mellor os intereses da clase traballadora galega.

3 sesese

O talante parece bo. Xa veremos os resultados

2 Bufffff

Calefactores... O q hai poñer son duchas q estes son homes acostumbrados a traballar e aos dous dias sen ducharse cheiran q confunden.

1 Independentista galego

Grandisimo Xulio Ferreiro. A Coruña,por fin,ten moita sorte.