Beiras di que o BNG "non é útil para o cambio político" por mor da UPG

Acusa ao partido que domina o BNG de ter boicoteado as conversas para unha candidatura común nas Xerais. Avisa de que non van a re-discutirse "cales son as pautas das mareas" e insiste que “en absoluto se aparca” o dereito a decidir.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2016 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista e líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, botou máis leña ao lume que xa existe dentro do BNG sobre a posibilidade ou non de concorrer conxuntamente coas mareas e outras formacións ás vindeiras autonómicas. Así, acusou á UPG, o grupo maioritario desta organización, de ter boicoteado as xuntanzas que tiveron lugar nos meses previos para conformar unha candidatura de unidade nas pasadas xerais.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova

Xa fixemos entón un encontro e a UPG foi a boicotear, de maneira que se rebentou a posible unidade, por tanto, se seguen así, nin sequera se lles pode chamar organización política. Eu non se se confraría, pero en fin", dixo nunha entrevista na Radio Galega.

Por iso, considerou que neste momento, o BNG "non é útil para o cambio político", sobre todo, porque a UPG non está a favor desta confluencia, a diferencia do que ten manifestado o seu voceiro nacional, Xavier Vence, ou outros dirixentes da corrente Abrente, minoritaria na fronte.

Beiras tamén dixo que as portas estarán abertas a outras formacións que queiran  formar parte dunha gran coalición de cara ás autonómicas pero avisou que deberán facelo sen condicións xa que non van a re-discutirse cales son "as pautas das mareas".

"O espazo que hai é En Marea. O resto, non existe", dixo en alusión aos grupos que conformaron esta coalición –Anova, Podemos e Esquerda Unida-- e avanzou que nos próximos días formalizarase o grupo de traballo que vai empezar a articular unha alternativa política e programática coa vista posta nos comicios galegos que se celebrarán este mesmo ano.

Acerca da non consecución dun grupo propio para En Marea no Congreso dos Deputados,  dixo que para eles neste escenario era fundamental "manter a unidade" e "se nos mandaban ao grupo mixto ía ser moi difícil evitar que se desmembrase o conxunto de En Marea e nós non podiamos dar ese recital desagradable aos cidadáns" que apostaron por esta opción como unha candidatura propia.

"E En Marea ten voz propia, pero evidentemente funcionaremos tendo en conta a coordinación de todo o conxunto", afirmou en relación ás negociacións para conformar un Goberno e, por último, sobre as liñas vermellas, rexeitou Xosé Manuel Beiras que se aparque a cuestión do dereito a decidir. "En absoluto", resolveu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

18 Breoghain

No nacionalismo galego, em umas e outras siglas há muito "senhorito" que vive muito bem sem trabalhar muito. Por que fazer políticaria não é trabalhar. Pessoas com uma situação laboral assegurada, filhos de papá, etc. O dia que o nacionalismo seja dirigido por trabalhadoras galegas outro galo cantará. E acrescento, todas esta gentinha será de esquerdas, será muito lista, será muito fashion ou muito feia mas não são nem nunca foram nacionalistas galegos conseqüentes.

1 eusi

Cantos anos tes meu? Parece que naciches onte, ou pior, non liches nada de historia...

17 Repartindocredenciais

Unha limitación á unidade pode ser a visión de manter unha marca electoral exclusivamente nacionalista, certamente é discutible; agora ben, dicir que quen defende iso está "boicoteando" e, paralelamente, poñer atrancos á unidade parece un exercizo de cinismo político e hipocresía. Cando menos aquelas reticencias polos que manteñen a candidatura/organización exclusivamente nacionalista son políticas, mentres que a pretendida "clarividencia" política supón un continuo columpiarse (agora digo isto, agora o contrario) e unha subordinación ás ordes e consignas que veñen dirixidas dende Madrid, tratando de aparentar que se é partícipe nas decisións. Non se ve aquí a mesma independencia de actuacións que o grupo catalán, mentres Saulo seguirá perseguindo os que sós ou coaligados manteñen proxecto propio

1 High And Loud

Agora xa non estamos falando de "unidad", eso era antes, estamos falando de que As Mareas graciosamente lle permitan ós pobriños upegallos non desaparecer do mapa, que non é o mesmo.

2 anonimo

Agora comezan sair os acordos segredos de antes das eleccións...figuran xa asinados cando supostamente se estaba negociando unha candidatura unitaria...todo foi unha engañifa de cara á galería do pianista. Ten a desvergoña de falar de que lle puñan atrancos e boicoteos cando xa estaban firmados os acordos

16 Santiago

És intelixente Beiras. Ninguén cho nega. A UPG poida ser que senha un atranco para moitas cousas. A FPG quixo entrar no BNG non sei cantas veces e sempre recibíu o non como resposta e ademáis sendo crueles con eles. E así con moitas máis cousas. Pero, pasaron os anos. A sede de vinganza estaba aí. Só facía falha que nascese outra forma. E saíches tí. Ben por tí e ben por eles. Pero hai un problema. Un grave problema. Pola minha banda, é dicer, é un pensamento peronal, onte na manifestación pola ilegalización de facto de CAUSA GALIZA, non deixaría que vinheras tí nin a FPG como organizacións. Sí como persoas individuais. Ese é o problema. Un grave problema que non sei como vas encaixalo. Porque si fora da organización da manifestación a estas dúas organizacións, como tales, terialhes proibido o acodir a ela, xa digo, como organizacións. Non sei como non o fixeron onte.Algún día terán que rendir contas.

1 eusi

Tratar aos votantes como subnormais era o que nos faltaba por ver...Desaparecede do mapa dunha vez, que metedes noxo e medo

15 gandalf

Anova e podemos son modelo organizativo a seguir? Dúas organizacións verticais onde as cúpulas, máis ben o lider, deciden todo e trapichean listas. Beiras é un trilero político que vai deixando un rastro de cadáveres políticos de todo aquel que se achega a él.

1 eusi

...e falou un da Upg. Gomitivo!

14 EU non me mareo

É cuestión de días que Podemos deixe de lado o dereito a decidir para pactar co PSOE o do estado federal. Admítense a postas !. Da veremos onde se mete despois este "tonto útil".

1 eueu

Pois as Mareas teñen a mesma forza que tivo o Bng cando obtivo representación e mira ti canto conseguiu: cero Zapatero! E teriamos mais forza se os carneiros se dignasen a deixar de meterlle travas ao desenvolvemento do país como nación