A Xunta aínda non resolveu un concurso público para loitar contra os lumes de 2015

A contratación de produtos químicos para a prevención de lumes de 2015 foi publicado a finais de setembro do pasado ano e aínda non foi resolta. Medio Rural tamén saca a concurso 2.100 pares de botas de extinción para o persoal contraincendios.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Ou hai moito traballo na Xunta, ou certos concurso públicos están predispostos para que teñan efecto no ano seguinte. Así sucede coa subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais do pasado ano. Uns produtos que aínda non chegaron, a pesar de que a campaña contra o lume para o que foron pedidos alá foi.

Un helicóptero traballa nun lume en Galicia
Un helicóptero traballa nun lume en Galicia | Fonte: que.es

O pasado 21 de setembro presentábase na plataforma de contratación da Xunta este concurso que non se resolveu a día de hoxe, xa que aínda se está en fase de apertura de ofertas. Trátase de aditivos que se engaden á auga e que se aplican sobre zonas de vexetación que se queren preservar da combustión ou que se descargan sobre os incendios forestais con medios aéreos para aumentar a eficacia da extinción.

Pero estes produtos que eran para loitar, supostamente, contra os lumes do 2015, non chegaron a tempo. Servirán, seguramente, para loitar contra os lumes que haxa no 2016 xa que o seu obxectivo é a extinción de lumes forestais con ataque directo ou indirecto desde medios aéreos e cunha entrega dun mínimo de 40.000 litros deste produto.

O valor do concurso é de 168.000 euros sen IVE e a empresa gañadora tería que facer unha primeira entrega dese produto químico nun máximo de 7 días naturais dende o seguinte á 

sinatura do contrato e entregas sucesivas nun máximo de 36 horas, dende a notificación da entrega.

Prego de condicións do concurso dos produtos químicos
Prego de condicións do concurso dos produtos químicos

O que semella que si chegará a tempo para a campaña de verán do 2016 é a subministración en entrega de 2.100 pares de botas de extinción para o persoal do servizo de prevención contra incendios forestais. Un concurso por valor de máis de 205.000 euros sen IVE que saíu a concurso o 15 deste mes de xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eueu

Tanto ten. O importante é facer campañas millonarias pa evitar afogamentos a final de setembro. Así son os PPodres!