O Encontro fará “todo o posíbel” por confluír co proceso das mareas municipalistas

“Dispersión de esforzos” e “pouco éxito na fórmula de elección dos candidatos” para En Marea. Estas son algunhas das pedras no camiño para unha lista única que identifica o Encontro Cidadán por unha Marea Galega. O seu obxectivo último: un espazo de militancia individual.

Por M.V. | Vigo | 06/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As forzas que colaboran en En Marea están a traballar nun regulamento de participación nesta coalición. Así o asegura o Encontro Cidadán por unha Marea Galega, a plataforma cidadá que foi un dos axentes impulsores da coalición que logrou seis deputados no Congreso, e que agora traballa na súa reedición para as eleccións galegas deste ano.

Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo
Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo | Fonte: mareal.gal

O Encontro, no seu último informe, recoñece que tivo “pouco éxito na fórmula de elección dos candidatos”. Esta plataforma defendeu que os elixíbeis se escollesen mediante primarias abertas con posibilidade de presentarse a título individual, sen avais ou con avais mínimos. 

Os partidos que conformaron a coalición (Anova, EU e Podemos) non aceptaron e repartíronse entre eles os primeiros postos das listas, salvo en Ourense, onde o deputado logrado foi unha gran sorpresa.  Para evitar as tensións internas que isto provocou na coalición, En Marea, segundo o Encontro, publicará un regulamento que agora “en fase de borrador pero espérase que sexa adoptado polas distintas formacións”. 

De cara a posíbel repetición dunha lista común para as eleccións autonómicas hai xa dous polos de traballo. Por unha banda, o citado Encontro -que mantixo a súa última xuntanza o pasado sábado en Vigo- e, por outra, as reunións que as mareas municipalistas -outro dos axentes que non lograron protagonismo en En Marea- están a organizar pola súa banda. Polo de agora levan dúas reunión municipalistas, a primeira na Estrada e a última a fin de semana pasada na Pobra. 

Ante a coincidencia de datas e obxectivos, no informe do Encontro déixase constancia dalgúns problemas de coordinación das axendas coas mareas ao sinalar que “unha das cousas que máis preocupaba aos presentes era a falta de unión coa fórmula practicada pola Marea Atlántica”. Malia temer a “dispersión de esforzos” o Encontro promete “facer de xeito colectivo todo o posible por achegarse ao proceso da Estrada”.

Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo
Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo | Fonte: mareal.gal

O obxectivo último de todos este movementos debe ser, en opinión do Encontro, artellar “un espazo de adscrición individual”. É dicir, unha organización na que os activistas colaboren en nome propio e non en representación de partidos ou candidaturas locais. Trátase dunha postura rupturista, pois implicaría o artellamento da candidatura para as galegas de xeito totalmente diferente ao do que xurdiu En Marea. Está por ver como reciben este chamamento á militancia indivudal  as forzas políticas e as mareas xa organizadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Carolo

Encontro por...un posto no futuro tripartido PSOE- Coalición Marea - BNG Gonzalo quere posto por Podemos. Amigos seus de CxG queren tamén cacho. O Neira xa traballa no concello de Santiago...todo está inventado. Triste a carreira por conseguir os obxectivos chamados...INTERESES PERSOAIS

5 Marea Lar

GOL FA, non vendas fume

4 Pepópterus Funk

"Mancontro" nunha kedada de drift por iso non tiven tempo de participar estes días na GC. Amigos todos...., debemos "mancontrarnos" todos nunha gran kedada cos chonis de Galichonialand. Así poderemos acceder ao poder da Unta todos untos. Ademais nesa gran kedada poderemos practicar drift cos potentes V8 donados polos novos deputados que acaban de entrar e que só van cobrar 1000 euros, mil, porque os outros van adicalos a mellorar o maltreito "tarmac" dos nosos polígonos industriais para poder derrapar entre o fervoroso aplauso das chonis que logo nos acolleran para sacar Galichonialand da anemia demográfica na que se atopa. Iso si..., só serán acollidos os mellores. Sorte e todos xuntos uníndonos aos chonis de Galichonialand acadaremos cotas de poder nunca vistas.

3 EU non me mareo

O Encontro Irmandiño cabalga de novo...

2 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber se queredes que voltar estea admitido ou non. Podedes participar en: https://estensiondogalego.wordpress...