A Xunta presume en Madrid de marisco galego coa campaña de "foodtrucks"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2024 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

O conselleiro de mar, Alfonso Villares, presentou este mércores na casa de Galicia de Madrid, xunto ao director da sede institucional da Xunta na capital de España, Luís Ramos, unha campaña para promever o consumo de peixe e marisco galego chamada 'Galicia sabe amar'.

Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, a campaña consistirá en repartir "un total de 1.400 degustacións a través de catro foodtrucks" en eventos deportivos, culturais e gastronómicos, ademais de en centros de enseñananza, ata outubro de 2025 en Galicia.

Así mesmo, a iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer os "beneficios nutricionais e a importancia socioeconómica do sector", que se consegue "a través da xestión sustentable e de garantir a seguridade alimentaria".

Por outra, a Xunta explicou que pretende chegar "tanto a maiores como á mocidade" ante un "contexto de progresivo descenso da presenza de lestes produtos na cesta da compra da cidadanía".

Presentación dos ' foodtrucks' da campaña 'Galicia sabe amar'.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Presentación dos ' foodtrucks' da campaña 'Galicia sabe amar'.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta