Videos das liortas entre ultras do Celta e do Bétis e do Racing e o Compos

Polo de agora a policía non informou de ningunha detención. Vídeos no interior dos incidentes en Vigo e en Ferrol..

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/04/2016 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Liorta entre ultras do Celta e o Betis
Liorta entre ultras do Celta e o Betis | Fonte: AntonRCCV

A liorta comezou pouco antes da 5 da tarde. Segundo se pode ver en varios vídeos filmados dende pisos veciños, os violentos empregaron mesas e sillas dunha terraza para baterse. 

A prensa local fala de varios feridos e importantes destrozos materiais entre grupos de Celtarras e do Real Betis Holligans.

Por outra parte houbo tamén incidentes en Ferrol, onde o Racing recibía a visita do Compostela nun derbi de Segunda B. Segundo o diario dixital Ferrol 360, varias ducias de ultras batéronse en pleno centro da cidade. O enfrontamento comezou contra as 18 horas e provocou o corte do tráfico.

Non hai detidos pero a Policía Nacional identificou contra un muro a varias ducias de siareiros do Compostela. Algúns deles foron trasladados ao autobús de volta a Santiago, sen poder asistir ao partido na Malata. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta