Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2025 | Actualizada ás 15:20
A Xunta de Galicia porá en marcha ao longo do mes de maio unha canle telefónica a través do que atenderá e realizará un seguimento da situación dos casos de soidade non desexada de persoas maiores en Galicia, dos que realizará un censo para facilitar os labores de control.
Para isto, porase en marcha un protocolo e un censo para poder realizar un seguimento das persoas nesta situación, que se elaborará a través de figuras como o servizo de axuda ao fogar ou distintos colaboradores locais, ente os que citou carteiros, panaderías, farmacias ou centros parroquiais.
Así mesmo, en canto á sensibilización, avanzou que crearán campañas informativas, programas de formación e uns premios que recoñezan o traballo dos que loitan contra a soidade non desexada.
Estas medidas foron anunciada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. En concreto, o telefóno contará cun público obxectivo de 1.000 persoas, que poderá ser ampliado tras pasar por un período de proba. Prevé estar operativo este mes de maio.
Ademais, a través de dita acción, realizada en colaboración con Cruz Vermella, tamén se instalarán puntos de atención presencial para realizar un seguimento das pautas e os hábitos de vida de todas as persoas usuarias, para previr e atender situacións de soidade non desexada na comunidade. Tal e como explicou a titular de Política Social, esta medida enmárcase nunha liña de axudas á que a Xunta destinou un total de 145 millóns de euros e constará de catro puntos principais: a detección, a sensibilización, a prevención e a intervención.
OUTRAS MEDIDAS
En relación coa prevención, o Goberno autonómico anunciou que se promoverán actividades interxeracionais, un programa de rutas culturais e viaxes, así como o desenvolvemento de proxectos de acompañamento tecnolóxico para reducir a fenda dixital e ampliar o carné +65.
Finalmente, na fase de intervención, exponse redes de apoio e acompañamento, mediante accións como a posta en marcha de vivendas de uso compartido no rural e o ámbito urbano, o deseño dun programa específico de voluntariado ou programas en colaboración con protectoras de animais ou establecementos hostaleiros para favorecer a socialización destas persoas e cafés grupais para coñecer a outras persoas en situacións semellantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.