Temas: ANOVA EN MAREA

ANOVA aposta polo partido instrumental pero asina a coalición En Marea

Ante a peche do prazo para inscribir coalicións, o partido de Beiras acepta repetir os términos de En Marea. Agora ben, di que aínda se pode atopar unha solución diferente e advirte que consultará as súas bases sobre a fórmula defintiva e as listas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2016 | Actualizada ás 22:37

Comparte esta noticia

ANOVA Irmandade Nacionalista asegura nun comunicado que se veu “na obriga de asinar preventivamente a coalición ‘En Marea’ antes de consultar a decisión sobre a fórmula xurídica ás súas bases”. O partido de Xosé Manuel Beiras mantivo onte unha reunión con Podemos Galicia e Esquerda Unida. 

Beiras nunha asemblea aberta de ANOVA
Beiras nunha asemblea aberta de ANOVA

Os nacionalistas non lograron convencer de que cómpre formar un partido novo, aínda que sexa meramente instrumental, para asegurar que na repetición das eleccións -se En Marea repite máis de cinco escanos- Galicia non quede sen grupo parlamentario, como sucedeu nesta lexislatura. Por iso, e dado que este 13 de maio remata o prazo para rexistrar coalicións de cara ao 26X, aceptou asinar a coalción, aínda que dá a entender que non ten porque ser esta a fórmula definitiva.

Malia as informacións no sentido contrario, ANOVA di que non renuncia á fórmula do partido porque “queda prazo até o día 23 para poder escoller outra fórmula”.

En concreto, fai un chamamento  á “cidadanía consciente” para que acuda á Asemblea de ‘En Marea’ convocada para o vindeiro 15 de maio no Auditorio de Galiza de Compostela. Nesta reunión das bases da coalición, ANOVA pretende demostrar aos seus socios que a cidadanía prefire a solución do partido propio. 

Para alonxar as informacións dunha posíbel ruptura da coalición, ANOVA asegura que “ terá moi en conta o sentir da Asemblea do 15M de ’En Marea’ para adoptar unha decisión definitiva neste eido”. Ademais, posteriormente as bases de ANOVA votarán sobre a fórmula xurídica na que van concorrer.

Por outra banda, a Comisión Permanente de Anova, , convocará para a semana vindeira un novo proceso de primarias para “dilucidar os candidatos e candidatas a se integraren nas listas electorais de ‘En Marea’ para as eleccións ás Cortes do Estado do 26X”. O partido de Beiras e Martiño Noriega argumenta que se trata dunha novas eleccións , polo que non necesariamente hai que concorrer coa mesma fórmula e cos mesmos candidatos co 20D.

Temas: ANOVA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Santiso

Si non van con PODEMOS máis IU desparecen dos mass media. Só aparecerán de cando en vez na TVG, nos xornais provincianos e pouco máis. Ou van canda eles. Así tenhen asegurada unha representación nesta vindeira lexislatura. Que van decider? O problema do asunto é que para medrar eles e serem conhecidos no electorado tiveron que se xuntar con PODEMOS e IU. Agora IU pesa moito máis ca eles. E eles vanse ver constrenhidos por estes. Unha difícil situación.

1 Santiso

E Beiras e Martinho Noriega creo que o que tenhen que facer é non moverse. Ladrar canto queiran. Que iso sérvelhes para recolher votos "nacionalistas" dos adolescentes e pipiolos en xeral. Pero vanse quedar na coaligación. Non lhes queda outra.

2 Antonimus

Eu concordo en que van vender a alma a conta de obter postos. Se as trabas para ter grupo o 20D xa se prevían, agora é pior: onde había dúbida, hai certeza, ...malia o cal, non é necesario ser Casandra para ver o futuro inmediato: que van cacarexar e ir entrando en ringleira no galiñeiro. Como dixen onte, reitero que podo equivocarme e tragarme as miñas palabras, así se o domingo non sae o que dixe imprimo isto e cómoo..., pero coñecendo o que hai e, anecdoticamente, vendo que atrás teñen o cartel que pon "movámonos", predigo que precisamente iso non van facer. O domingo iran recoller o seu plato de lentellas.

3 Matias

Otra vez el mismo cuento, los beiristas sin el "de abaixo a arriba" y TRAGANDO con lo que se acuerda en Madrid. Ver para creer. Creer para votar...apestan a vieja política de pactos y reuniones al margen de su gente. Y estos hablan de "cidadanía". Asco Beiras. Yo votaré PSOE, no trago con la trepa de Yolanda.

2 xacobe

As bases de Anova???

1 Antiordenadores do AGE

Menuda baixada de bragas dos lanuevas xa antes de empezar o baile.

1 O ódio é arma do fascismo

Isto quedou-te fino-fino. Sensibilidade feminista a tope; respeito por outras opções políticas e razoamento nível diretor de La Razón numa frase só. Bravo!

2 Comunista

Ides falar no BnG, a organización que se baixa as bragas todos os días ante os seus acredores da banca española á que debe pufos millonarios: liquidación da ForGa, despedimentos de traballadores da CiG, permisividade con Reganosa e ENCE, peche de A Nosa Terra,... Por non falar do seu papel de esbirro de PPsoE contra as Mareas. Mellor era que ficarades caladiños.

3 Gomesende

Falar do BNG? Comunista (autoproclamado), como ben sabes o Bloque esta liquidado polos do aparato, logo non abuses do BNG para tapar erros dos teus. Estase destapando a farsa do pacto cociñado, da entrega de Anova a Podemos (confirmado que xa paparon IU a cambio da mantenza do aparato do PCE). Quedavos ate o domingo para rectificar: salvar a dignidade como galegos concienciados de seu ou entregarse ao mellor pagador (venderse parece menos fino).