'As tardes de Códax' na Praza de Abastos de Compostela

Trátase dunha experiencia que une viño e gastronomía da man de cociñeiros e cociñeiras que están a redefinir a cociña galega. Serán 4 sesións, todos os xoves do mes de xuño, na emblemática Praza de Abastos de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/06/2025 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Martín Códax vén de presentar unha nova iniciativa enogastronómica que vai máis aló de maridar viño e gastronomía. A súa intención é "poñer en diálogo as diferentes elaboracións da súa adega coa mirada persoal dalgúns dos cociñeiros que están a redefinir hoxe a cociña galega desde distintos puntos do mapa". Unha cociña comprometida co produto, coa contorna e cunha forma de entender Galicia que tamén está presente en cada copa dos seus viños.

Copa de viño. Foto: Adega Martín Códax.
Copa de viño. Foto: Adega Martín Códax.

A cita será todos os xoves de xuño, de 20:00 a 22:00 h, na Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Para asistir a cada un dos eventos será necesario adquirir a entrada (30 €) a través da web (www.tienda.martincodax.com).

Cada xornada incluirá un showcooking en directo, degustación e maridaxe cunha selección especial de viños da adega.

PROGRAMA

5 XUÑO; Nel Parada / Restaurante Nordestada (Porto do Son).

12 XUÑO; Pablo Liste / Restaurante Albanta (Vilaboa, Pontevedra).

19 XUÑO; Rocío Martínez & Rubén García / Restaurante Pementa Rosa (Carballo, A Coruña).

26 XUÑO;Tira do Praia / Luis Borda (A Coruña).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta