O parque acuático de Cerceda abre as súas portas este luns

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2025 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O parque acuático de Cerceda (A Coruña) abrirá as súas portas este ata o 7 de setembro, polo que permanecerá aberto durante practicamente tres meses. Un parque que conta con máis de 30.000 metros cadrados cunha gran variedade de atraccións e cuxas entradas xa poden adquirirse na súa páxina web.

O prezo das entradas durante a semana é de 10 euros para maiores de 12 anos, 7 euros no caso de ter entre 5 e 12 anos e un euro para menores de cinco anos. Mentres que os sábados, domingos e festivos o prezo da entrada é de 11 euros para maiores de 12 anos; 8 euros para nenos entre 5 e 12 anos, e 2 euros para menores de cinco anos.

Cabe lembrar que as instalacións abren de 12.00 a 20.00 horas e que tamén se ofertan abonos de sete días --nominativos e intransferibles-- cun prezo de 50 euros para persoas adultas e 25 para nenos de 5 a 12 anos.

Aquapark ou paque acuático de Cerceda
Aquapark ou paque acuático de Cerceda | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta