Mareas e Bloque ven máis preto unha coalición de goberno

Tanto as mareas como o Bloque están a recibir cos brazos abertos a Xaquín Fernández Leiceaga como novo líder dos socialistas galegos. Na súa opinión, a derrota de José Luís Méndez Romeu dá folgos a unha posíbel coalición de goberno na Xunta. Feijóo, pola contra, non parece tan contento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2016 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Así, por exemplo, o alcalde de Santiago e un dos principais referentes públicas asegurou hoxe que “o pasado sábado o PSOE tomou unha posición que pode facilitar un cambio de goberno”. Martiño Noriega, de ANOVA, aplaude a chegada de Leiceaga como un paso máis para “derrubar ao PP”.

Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG
Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG | Fonte: infolibre.com

Unha mensaxe similar lánzase dende o Bloque. O seu voceiro parlamentar declarou hoxe que “o BNG ten a convicción de que na vindeira lexislatura autonómica haberá cambio de goberno se ese cambio é froito de un acordo entre tres patas”. Francisco Jorquera aludiu claramente a posibilidade dun goberno tripartito entre PSOE, Bloque e En Marea.

Quen non parece estar tan contento co resultado das primarias socialistas é Alberto Nuñez Feijóo. O presidente desfíxose en eloxios para Méndez Romeu, quen dimitiu hoxe como voceiro parlamentar. Feijóo considera que o PSOE perde un excelente voceiro, pola súa valía dialéctica e experiencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

12 afundide expaña

aqui estan metidos xente de expañol nostrus e todas esas camandulas... estan envelenando a tarde decindo barbaridades todos saben que leiteaugada e un "TAPADO DE -VIEIRAS" o queren metelo, queren impoñelo como capitan "merdeyas" pero o que vai levar o tema e o armador... a man oculta que leva o tema e o vello o feudal de reborainas... VEU O PE$oE E VOLTA O PE$oE...

11 nostrus

Los nacionalíticos cuanto mas suban en sus espectativas, mayor será el hostion.

10 nostrus

No conozco la trayectoria de Leiceaga, pero no os engañeis porque si gusta tanto a los naciotas es posible que lo único que puede hacer es restar, porque movilizara a la derecha y desincentivara a los votantes socialistas. A los nacionáticos lo único que le espera es seguir suspirando eternamente por la llegada de su mesias. Que sufran lo mejor que puedan. El único partido que puede traer algo de frescor, regeneracion democrática es C´s o la extinta UPyD (q.e.p.d.)

9 FUTURO

Ë posibel, que NOSTRUS tirese o monte dentro de uns meses. o Autobus Bifido, polas ruas GAlegas, os Alcaldes PPodres facendo escraches na Xunta (rematan co choio), a Sra. Lago mais o Posada, nos follas centrais da "Coz Galega" con pintadas nas paredese e Blanco Valdes, contandonos que a novo goberno no respecta a liberdade

8 Gamela

Xocas vai ter máis oposición dentro (Abel & Carmela) que fóra!!! Pero antes de falar de Galicia aínda temos unha batalla pendente o 26 de xuño!!! Como sabedes por un puñado de votos Austria librou da ultradereita, así que mellor pedir OBSERVADORES para seguirlle a pista ao Voto Roubado (non vaia a ser o demo!) https://www.change.org/p/a-unidos-p...