Temas: RAG

O Portal das palabras actualízase para que o galego chegue aos máis novos

Presenta un 'bot' para Facebook, 'Dicionario RAG', que define termos por medio do 'messenger' desta rede social. Ademais, estrea novas versións de aplicacións móbiles.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/06/2016 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O 'Portal das palabras', un espazo de difusión do léxico e a lexicografía do galego impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, acaba de actualizarse para tentar que a lingua chegue a máis segmentos sociais, principalmente, aso máis novos.

Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG / RAG Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG / RAG
Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG / RAG Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG / RAG

Tres anos despois da súa presentación, este xoves presentáronse as novidades deste ferramenta, tanto na súa versión web coma nas aplicacións para móbiles e que permitirán unha maior expansión das súas utilidades. Entre as novidades, destaca o 'bot' para Facebook, 'Dicionario RAG', que define termos por medio do 'messenger' desta rede social. Ademais, estrea novas versións de aplicacións móbiles e unha versión de xogos específica para dispositivos móbiles.

Na presentación estivo o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e o seu homólogo na Fundación Barrié, José María Arias, para quen "o portal debe crecer en profundidade implantándose aínda máis na sociedade galega". "Cara ao exterior, queremos atopar instrumentos para compartir a nosa experiencia e recibir a experiencia allea", agregou Arias.

Neste sentido, a RAG e a Fundación Barrié iniciaron o proceso de internacionalización para que a metodoloxía e a tecnoloxía deste portal pode ser transferida a outros idiomas. Por iso, o próximo 23 de xuño esta iniciativa presentarase en Guipúzcoa nun encontro con representantes de 80 linguas europeas.

Temas: RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta