A Xunta utilizará avións do Exército para loitar contra os lumes ante a falla de naves propias

Anuncia a contratación de catro helicópteros, pero chegarán en agosto. Di que descoñece se están xa contratadas as 500 persoas do Seaga para a loita contra o lume.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 23/06/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

“Eu contéstolle o que sei, do outro –a non contratación aínda de 500 operarios de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)-- non sei”. Así respondeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado por GC sobre as críticas dos sindicatos sobre a contratación de persoal para a loita contra os lumes a menos dunha semana de que comece a campaña.

Un hidroavión tenta apagar o lume en Carnota
Un hidroavión tenta apagar o lume en Carnota | Fonte: Antonio Amboade

Do que si falou Feijóo foi sobre o concurso deserto para a contratación de cinco avións de loita contra os lumes. Un feito dixo que non variará a planificación que ten a Xunta para esta campaña. De feito, o presidente galego insistiu en que utilizará os avións do Exército español para paliar a falla destas aeronaves, así como catro helicópteros que serán contratados ao quedar deserto o concurso realizado pola Xunta.

Haberá avións conforme os acordos co Exército e haberá 24 medios enre Xunta e Estado. Cumpliremos o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) conforme estaba previsto”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Ademais, para suplir a falla deses cinco avións, destacou que se aumentará o número de horas de voo dos avións e helicópteros cos que disporá a Xunta. Con todo, estes helicópteros de reforzo chegarán en agosto, en non en xullo.

Críticas

Este xoves, o secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, denunciou que "a estas alturas" a Xunta "aínda non ten contratada a encomenda" con Seaga para que 125 brigadas -de catro persoas cada unha- pasen a reforzar o operativo contra o lume, o que dificulta o despregamento en tempo e forma.

Ademais, criticou que "non é habitual" que se demore tanto nesta contratación respecto a outros anos, se ben en 2015 os capataces e técnicos non foron dados de alta ata "o 26 de xuño" e o chamamento de equipo se atrasou ata o 15 de xullo, pois ademais se necesitan varias xornadas formativas tras esas contratacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta