Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/06/2016 | Actualizada ás 21:26
Actualización das 22.15
En Galicia, os populares soben dous escanos para situarse con 12, mentres que os principais prexudicados son En Marea, que perde un e Ciudadanos, que queda sen representación. Os socialistas manteñen os resultados de hai seis meses.
Deste xeito, o PSdeG recupera a segunda posición que perdeu en decembro, cos seus 6 escanos, mentres que En Marea baixa a cinco.
Tamén no conxunto do Estado, a suba do PP é importante, sobre todo, a costa de Ciudadanos. Os populares obteñen 135 escanos, 12 máis que en decembro. O PSdeG, obtén 89, un menos que no 26D e Podemos e as confluencias, os mesmos que en decembro, 71. Ciudanos baixa dez e queda en 30.
Actualización das 21:30
Os primeiros resultados escrutados dan un cambio importantísimo fronte as enquisas previas e as realizadas hoxe a pé de urna. Con todo, co 20% non hai maiorías claras.
O PP avanza até os 135 deputados e o 30%, avanzando sete deputados. Non habería 'sorpasso' e o PSOE sería segundo con 93 escanos, tres máis.
Unidos Podemos retrocedería tres escanos e as súas confluencias, retrocedendo até 55 escanos coas súas confluencias. Ciudadanos retrocedería moito, dende os 40 escanos até 20.
En Galicia, cunha porcentaxe escrutado do 33% o PP gaña con 13 escanos, o PSOE 6 e En Marea 4. O PP avanza até o 45% dos votos e Ciudadanos e o BNG quedarían fora. O gran vencedor serían os conservadores avanzando 3 escanos.
En Marea retrocede dous escanos, con 4 deputados e o 1,33% dos votos, cando o 20D tivo o 1,6% e seis representantes. O BNG-NóS retrocede do 0,22% ao 0,26%, manténdose fóra do Congreso.
Resultados en 2015 en España
A nivel estatal, o PP vencera os comicios do 20D con 123 escaños ao lograr o 28,7% dos votos con 7,23 millóns de papeletas polo que perdería algo de terreo respecto as pasadas eleccións. Segundo fora o PSOE con 90 deputados e 5,54 millóns de votos, o 22%.
Terceiro Podemos e as súas confluencias con 69 representantes e o 20,6% dos votos. Cuarto Ciudadanos co 13,9% dos votos e máis de 3,5 millóns. Unidade Popular, a marca de Izquierda Unida, hoxe integrada nas listas de Unidos Podemos, conseguira máis de 900.000 votos e o 3,6% dos votos, pero só dous escanos.
Resultados o 20D en Galicia
A nivel galego, nas pasadas eleccións do 20 de Decembro de 2015 en Galicia o PP tamén gañara, con 10 escanos e máis de 609.000 votos. Daquela sumara o 37,1% dos sufraxios no país.
En Marea conseguira seis deputados e 410.000 votos, o 25%. O PSOE tamén lograr seis escanos co 21% e 350.000 votos. Ciudadanos obtivera un escano pola Coruña con 146.000 votos no país, con algo máis do 9%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.