(Vídeo) Galicia incomunicada en Ourense coa Meseta: pechada a A-52 e a circulación de tresn polos incendios

Milleiros de veículos quedaron parados na tarde do xoves ante a imposibilidade de continuar o traxecto.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/08/2025 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

As consecuencias da vaga de incendios que desde hai días afecta a Galicia, con especial intensidade á provincia de Ourense, provocaron efectos nas vías de circulación e en tráfico ferroviario, que se deixaron notar con forza no marco da 'operación saída' pola ponte do 15 de agosto.

Os problemas continúan este sábado e o último parte do 112 Galicia reflicte que se mantén cortada a A-52, no quilómetro 173, en Cualedro. A A-52, que sufriu problemas importantes este xoves, cuns mil vehículos retidos ante as chamas e outros circulando rodeados polas lapas tal e como se pode ver nestas imaxes.

Centos de coches parados na A-52, a autovía que conecta Ourense coa meseta, por mor dos incendios
Centos de coches parados na A-52, a autovía que conecta Ourense coa meseta, por mor dos incendios | Fonte: Alberto Sxenick

TRENS

Interrompido continúa o tráfico ferroviario. De feito, xa na pasada xornada informouse de que o servizo ferroviario de alta velocidade entre Madrid e Galicia seguirá interrompido ata novo aviso ante a evolución dos incendios forestais que queiman boa parte do territorio de Castela e León e Galicia.

"Coa seguridade dos viaxeiros como prioridade, e tamén dos servizos de emerxencias que traballan na extinción, Adif manterá suspendido o servizo ferroviario ata que a dirección da extinción dos incendios que se rexistran en Zamora e Ourense, principalmente, autoricen o paso de trens con plenas garantías de seguridade", explicaron Renfe e Adif nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta