Medio Rural pide extremar as medidas preventivas ante a dermatose nodular contaxiosa que afecta a bovinos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2025 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural pide extremar todas as medidas preventivas ante a dermatosis nodular contaxiosa (DNC), evitando na medida do posible trasladar animais bovinos desde zonas próximas aos focos desta enfermidade detectados en países europeos (entre eles, Italia e Francia) e incrementando as medidas de bioseguridad, tanto nos traslados de animais desde estes países, como nas propias explotacións.

Nun comunicado, a Consellería detalla que xa informou desta situación a todos os Servizos Veterinarios Oficias e demais axentes do sector como ADSG, colexios veterinarios e asociacións. Así mesmo, realiza unha campaña de concienciación cos operadores que transportan gando desde eses países e un plan de control respecto aos animais trasladados, co obxectivo de minimizar o risco de entrada en Galicia .

A DNC é unha enfermidade vírica producida por un poxvirus que afecta especificamente o gando bovino. A transmisión do virus prodúcese principalmente en presenza de insectos que actúan de vectores mecánicos, esencialmente mosquitos, moscas e cascudas. Esta doenza, sinalou a Consellería, non afecta as persoas, nin por contacto directo con animais infectados nin polo consumo dos seus produtos, e tampouco a través dos vectores transmisores.

Gando bovino
Gando bovino | Fonte: CEIA3 - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta