Por admin | Pontevedra | 31/08/2025
De María Dolores Couselo Freire
O meu caso, que ven de atrás, dun ensanchamento dun vial da Deputación no Concello de Poio, onde deixaron a miña parcela sen acceso a dito vial, sen comunicación previa algunha, como é preceptivo. Despois de enterarme, reclamei o Concello, que asumiu que se fixo incorrectamente, pero o ser da Diputación o vial, e éla quen ten competencia, por eso reclamei, non unha vez, se non moitas, aportando e demostrando sobradamente que o que argumentan para desestimar, era unha interpretación errónea da cartografia catastral, como así o demostra a certificación, e resolución, que aportei, como também o do Concello, no mesmo sentido, sen contestarme a ésta dende 08/11/22.
Chamáronme para citarme en dito servicio, tres personas distintas, das que tuven que aturar respostas como “que como reclamo despois de tantos anos”, eles non saben que os dereitos nunca prescriben?, ou “que me busque un avogado”, resposta inadecuada dun servidor público, e xa o último rindo-se me di “que esta desestimada e xa está”.
Despois de esto solicito reunión co Presidente, como superior xerarquico, e rexeita recibirme, e preguntada a sua secretaria tambén en varias ocasións, me di “que eso ven de atrás, ahora son outra corporación, e que o Sr Presidente está moi ocupado”, E eu digo que ela tambén debe estar moi ocupada porque rexeitou recibirme tambén.
Ante tal indefensión, remitin escrito a Sra Valedora do Pobo, que me resposta que é a terceira vez que lle require a Deputación información acerca do meu expediente, como é a sua obriga legal, (artigo 22 da Lei do Valedor d Pobo).
Por último, despois de revisar papeles me atopo con unha reclamación feita a Deputación, 30-06-2016, e escrito 23-12-2016, no que pido “de novo” se me devolva o dereito de acceso a miña finca, porque quero limpá-la, cortar eucaliptos e cerrála, e no caso de producirse un Incendio, como xa sucedeu tempo atrás, serán as duas administracións local e provincial as únicas responsables, non responderon.
A miña reflexión última é, para que existen as Deputacións?, ahí non hai servidores públicos que resolvan asuntos cidadans, solo cargos a dedo que entran e saen, e fan e din, según lles mandan os políticos de turno. Temos 4 tipos d administracións, local, provincial, nacional e europea, e como vemos recentemente, descoordinación total entre elas. Todos cobrando dos nosos impostos, e non resolvem nada!
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.