O embaixador de Portugal expresa a súa solidariedade ante os incendios: "Coñecemos ben o sufrimento"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2025 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

O embaixador de Portugal en España, José Augusto Duarte, expresou este luns, durante a súa visita a Galicia, solidariedade coas comunidades autónomas calcinadas polos incendios forestais. "Portugal tamén coñece ben o que é o sufrimento e devastación causado polos incendios", incidiu o diplomático en relación aos lumes que arrasaron case 100.000 hectáreas en Galicia, con especial intensidade en Ourense.

Incendios ameazan novamente O Courel. Na imaxe pode verse como as lapas se aveciñan a Ferromulín
Incendios ameazan novamente O Courel. Na imaxe pode verse como as lapas se aveciñan a Ferromulín | Fonte: Sechu Sende

O embaixador portugués opinou que agora, coas chamas apagadas, "é o momento de falar de cooperación entre os pobos e o intercambio de medios, con vistas a que o desastre non se repita no seguinte verán".

ENCONTRO COA PATRONAL

Na súa primeira visita a Galicia, Duarte mantivo este luns un encontro cos representantes da patronal galega. Tamén sobre os incendios, o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, subliñou que a Xunta recolleu algunhas das propostas da confederación para os afectados.

"No Consello da Xunta de Galicia recolléronse de maneira importante as propostas que nós fixemos. Pero hai algunhas outras nas que debemos seguir insistindo, que xa non son do Goberno rexional, senón do Goberno do Estado, a través dos ERTEs, por exemplo", afirmou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta