O PSdeG reivindica a implantación do servizo do tren de proximidade en Galicia

O Goberno continúa mellorando liñas como Lugo-Ourense e investindo en cinco novas estacións intermodais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2025 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A deputada e secretaria de Transportes e Mobilidade Sustentable do PSdeG, Patricia Otero, valorou "os avances" para a implantación dun servizo ferroviario de proximidade en Galicia, que o ministro de Transportes, Óscar Puente, deu a coñecer esta mañá no pleno do Congreso.

Otero destacou o "compromiso" do Goberno socialista coa mobilidade por tren na comunidade autónoma galega, "que desde o 2018 vén sustanciando en actuacións tan destacadas como a chegada da alta velocidade, as melloras en liñas como a de Lugo a Ourense ou a construción de cinco estaciones intermodais".

"E que continúa con proxectos como o estudo de análise de novos servizos ferroviarios para a mobilidade cotiá", sinala nun comunicado despois de que o ministro aludise a unha primeira proposta para a implantación de catro áreas nas que se prestarían eses servizos, máis unha complementaria.

O ministro detallou durante a súa intervención na Cámara Baixa que esas zonas se corresponderán coas proximidades das cidades da Coruña e Vigo, a liña atlántica e a liña interior, ás que se sumaría o tendido de ancho métrico.

A deputada socialista Patricia Otero no Congreso. PSDEG
A deputada socialista Patricia Otero no Congreso. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta