Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2025 | Actualizada ás 19:54
O PSdeG esixiu desculpas oficiais ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, tras "mandar calar" á deputada socialista Patricia Iglesias e el nega que lle "faltase ao respecto". Os feitos, segundo apuntou o PSdeG nun comunicado, producíronse en encontro con membros da plataforma Técnicos da Xunta en Loita, onde estaban presentes parlamentarios doutros grupos políticos, e o conselleiro "mandou calar" á deputada do PSdeG.
Os socialistas cualificaron como "gravísimo" que un membro da Xunta dirixísese con "actitude autoritaria" a unha responsable electa e diante de máis persoas. "O conselleiro non pode amparar comportamentos que vulneran as mínimas normas de respecto institucional e democrático. Esixímoslle unha rectificación inmediata e desculpas oficiais", apuntaron desde o Grupo Socialista. A continuación, o PSdeG lembrou que a política debe "fundamentarse no diálogo e no respecto ás institucións e ás persoas".
CORGOS ASEGURA QUE "NON LLE FALTOU AO RESPECTO"
Pola súa banda, a Xunta, nun comunicado, asegurou nun comunicado que Corgos "non lle faltou ao respecto" a ningún membro da Cámara galega. Neste sentido, remarcou que Corgos "unicamente" pediu á deputada do PSdeG Patricia Iglesias que "non interrompese" cando el falaba cos membros da plataforma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.