(Vídeo) A dramática narración do arqueólogo Xurxo Ayán no incendio en Pantón: "A ver se o poden apagar os avións"

O arqueólogo acudiu ao xacemento alto medieval de O Preguntoiro ameazado polas lapas.

Por Galicia Confidencial | Pantón | 20/09/2025 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Varias frontes ameazaron na mañán deste sábado, 20 de setembro, o espectacular xacemento arqueolóxico de O Preguntoiro, onde existiu un eremitorio altomedieval e no que se escavaron nos últimos anos unha igrexa e varias tumbas antropomorfas en pleno corazón da Ribeira Sacra. 

Así se vía o lume de Pantón na zona do Preguntoiro e Fontao
Así se vía o lume de Pantón na zona do Preguntoiro e Fontao | Fonte: Xurxo Ayán

O lugar, rodeado de frondosas, é unha paisaxe vivinte que resiste desde a Edade Media ata os nosos días. Así narra o arqueólogo Xurxo Ayán, que escavou nesta zona, como o lume ameaza o xacemento e varias adegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta