A química que transforma Galicia: unha nova entrega de 'Proxector' celebra o Día da Ciencia

O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela publicaron unha nova entrega do especial 'Proxector', unha iniciativa de divulgación que impulsan para achegar á cidadanía galega recursos didácticos de calidade en lingua galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2025 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela publicaron unha nova entrega do especial 'Proxector', unha iniciativa de divulgación que impulsan para achegar á cidadanía galega recursos didácticos de calidade en lingua galega. En véspera da celebración do Día da Ciencia en Galicia, o monográfico leva por título 'A investigación química aplicada ao desenvolvemento industrial'. O mesmo pon o foco na contribución da química á innovación tecnolóxica e ao progreso económico sustentable.

A entrega deste mes inspírase na figura de Fernando Calvet i Prats (1903-1988), escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como Científico Galego deste ano. Calvet, pioneiro da bioquímica moderna en España e impulsor da química orgánica en Galicia, foi tamén un dos primeiros investigadores en aplicar a química ao desenvolvemento industrial.

Fernando Calvet i Prats
Fernando Calvet i Prats | Fonte: USC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta