Absolven en Pontevedra a un acusado de agredir sexualmente á que era a súa parella

O tribunal conclúe que non quedou probada a falta de consentimento nas relacións coa súa exparella

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/10/2025 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia



A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu a un home acusado dun delito de agresión sexual tras determinar que non se puido acreditar a falta de consentimento nas relacións coa súa exparella sentimental. O tribunal considera que o acusado prestou unha declaración “sen fisuras nin contradicións” e negou con firmeza os feitos.

Entrada da Audiencia Provincial de Pontevedra
Entrada da Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Gustavo de la Paz


Pola contra, o testemuño da denunciante foi considerado “insuficiente e con deficiencias” para desvirtuar a presunción de inocencia. Ademais, a sentenza sinala que o seu relato puido estar condicionado polo resentimento derivado da ruptura e das sospeitas de infidelidade.
A resolución non é firme e pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta