O exinspector de Facenda de Vigo, Asdrúbal C.G.,afronta seis anos de cárcere por suborno e branqueo.

A investigación centrouse en pagamentos a cambio de asesoramento e influencia en expedientes de Facenda.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/10/2025 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O exfuncionario de Facenda Asdrúbal C.G., detido en xaneiro de 2019, enfróntase a 6 anos e 3 meses de cárcere como suposto autor de suborno, revelación de informacións, actividades prohibidas e branqueo. A Fiscalía tamén acusa á súa exmuller e a dous empresarios de Vigo, implicados nunha suposta trama de asesoramento a empresas investigadas pola Axencia Tributaria a cambio de pagos económicos.

Icona da Axencia Tributaria
Icona da Axencia Tributaria | Fonte: Cézaro De Luca

Segundo o escrito do ministerio público, Asdrúbal facilitou información reservada a Francisco G.P. e Pablo G.T., que contactaron co asesor fiscal dunha empresa en Santiago para ofrecer xestións favorables durante inspeccións. As actuacións, sen declaración de compatibilidade, permitíronlle percibir ingresos adicionais que se ocultaron en contas en Suíza.

A Fiscalía considera que estas accións comprometían a integridade do seu cargo e solicita para Asdrúbal C.G. penas de prisión e multas que superan os 232.000 euros. Para os empresarios, pídense prisións de 1 a 2 anos e sancións económicas, mentres que para a exmuller do funcionario, 3 anos e 3 meses de cárcere e multa de case 195.000 euros.

O Xulgado de Instrución 3 de Santiago coordina esta causa, derivada dunha longa vestigación sobre a actuación irregular do exinspector ao longo de varios anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta