A CEG ten ata despois do verán para solucionar a súa situación financeira

O presidente da patronal di que dará "un paso ao lado" se esa é "a solución" aos problemas e anuncia un plan de viabilidade para setembro. Abanca adiantará 600.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2016 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) asegurou que entre o mes de agosto e o de setembro estará pechado o plan de viabilidade, que aínda negocian con varias entidades financeiras das que aseguran que "nunca negaron axuda" á patronal galega.

Antonio Dieter Moure
Antonio Dieter Moure | Fonte: crtvg.es

Este venres compareceu ante os medios o presidente da patronal galega, Antonio Dieter Moure, acompañado polo responsable da área económica da CEG, José Antonio Vázquez, logo dunha reunión mantida cos responables provinciais da entidade para "saír ao paso" das informacións publicadas por diferentes medios de comunicación nos últimos días, entre eles Galicia Confidencial, sobre a "división" da patronal galega.

E é Dieter Moure estaría a barallar a súa dimisión en varias ocasións ante a negativa das entidades bancarias a seguir negociando o plan de viabilidade. "Non o valorei profundamente, pero penseino por unha cuestión de responsabilidade", declarou o presidente da CEG, antes de engadir que "se é a solución" aos problemas da entidade que dirixe dará "un paso ao lado", aínda que asegurou que a banca o "apoia", tanto a el coma ao actual equipo directivo.

Así as cousas, defendeu que a CEG é "fiable e viable" e negou a suposta división existente na patronal, xa que "os empresarios das catro provincias" están "todos a unha" e queren que se solucionen os problemas económicos para que a CEG "fale dos temas que lles preocupan".

PLAN DE VIABILIDADE

En canto ao plan de viabilidade, os responsables da patronal afirmaron que continúan en negociacións coas entidades financeiras pero prevén que estea "solucionado" a principios do mes de setembro.

Así mesmo, anunciaron que a próxima semana pecharán unhas "pólizas de crédito" para facer fronte ao pagamento das nóminas e as cantidades que a CEG debe á Plataforma Empresarial no Exterior de Galicia (Pexga), que serán financiadas pola lei de participación institucional unha vez que a CEG acredite certo tipo de investimentos.

Un diñeiro, 600.000 euros que adiantará Abanca tras chegar a un acordo coa entidade empresarial e coa Xunta de Galicia. Este xoves, a preguntas do GC,  o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, recordou que os presupostos galegos consideran axudas institucionais tanto para as organizacións sindicais coma para a CEG, ás que accederán "en canto acrediten o cumprimento e desembolso en gasto de importes similares" ás axudas.

Por outro lado, Dieter Moure cifrou en oito os despedimentos que terá que efectuar a CEG para afrontar o plan de viabilidade, do que asegurou que está "vivo" e pode sufrir cambios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 fastosuma

Recordemos que el señor Santamarina (no Santamaría), con su sueldazo, reclama siempre sus desplazamientos en taxi por la ciudad compostelana. Que ricos son y saben 4 míseros euros  a sumar a 80000€.  Qué grandes xxxxx de la gran xxxx. Otros sin libros de texto y pasando hambre

2 galegoexiliado

En Chiringuitolandia todo mundo quere ter o seu chiringuito e cobrar soldos millonarios das arcas públicas. ¿E por qué non pagan os seus custes e soldos os afiliados a este sindicato ou organización, será porque non se sinten representados nin lle ven utilidade? Ademais de que ós empresarios gustalles moito cobrar pero pouco pagar. ¿Alguén sabe pa que sirve este chiringuito, aparte de saquear as arcas públicas?

1 fasto

Se están á chupar cartos públicos para que o seu secretario xeral cobre 80000€/ano por facer NADA, mellor que desapareza. Problema deles, non dos demais que cumprimos.