Barreiro pide reformar a lei electoral para "evitar situación de inestabilidade"

O voceiro do PP no Senado di que, deste xeito, se evitarían situacións como a actual e podería gobernar Mariano Rajoy.

Por E.P. | LUGO | 08/08/2016 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O voceiro do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro, mostrouse partidario dunha reforma da lei electoral para que goberne a lista máis votada e evitar situacións como a que se dá no ámbito estatal de cara a unha eventual investidura de Rajoy.

Elena Candia e José Manuel Barreiro nun acto en Lugo
Elena Candia e José Manuel Barreiro nun acto en Lugo | Fonte: xornaldelugo.com

"Máis alá de reformas que haxa que facer, seguramente unha delas para evitar estas situacións sexa a reforma da lei electoral; neste caso é unha cuestión de que ou ben defendemos o interese xeral do conxunto do país ou defendemos os intereses partidistas ou mesmo persoais", esgrimiu.

Barreiro considera que esta reforma sería boa para "evitar situacións de inestabilidade e de incerteza como se leva vivindo durante un ano", con dúas eleccións xerais en seis meses.

Con todo, ao seu xuízo, "o fundamental é responder ao que a sociedade española dixo, por segunda vez en poucos meses, que é que había que formar goberno porque iso é o que España necesita". "Ademais os españois dixeron claramente a quen encomendaban a formación dese goberno, que é ao PP e a Rajoy porque gañou as eleccións cunha diferenza maior ao segundo (o PSOE)", engadiu.

"Tanto o PSOE como Ciudadanos deben asumir esa responsabilidade que implica dar resposta a esa demanda que fixo a sociedade española. Sería insólito e unha grande irresponsabilidade someter a España a unhas terceiras eleccións", advertiu.

Barreiro carga sobre todo contra o PSOE, ao que atribúe estar "nunha postura de defensa de Pedro Sánchez". "E non o digo eu que o están a dicir personalidades moi relevantes como Felipe González e Zapatero", avisou.

"Sánchez ten que poñer por diante a defensa do interese xeral dos españois, que é conformar un goberno liderado por Rajoy e solucionar esta situación de incerteza que estamos a vivir", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galiza pola liberdade

estan cagados de medo... son tristes ratas cumplen a consti-prostitución soamente si lles vai algun beneficio ou algun robo nelo, queren que un señorito cun menos dun 30 por cento dos votos teña un 51 por cento de representación politica, son os lamentos duns señores que van naufragar, posto que o nacionalismo do bloque esta subindo e subindo moito, namentras outros xa desaparecen do mapa MERDEYHAS-VIEIRISTAS E PODREIROS... a suxa fauna de expañol ten que desaparecer da Galiza ten que ser eleminada como a praga maligna e arruinadora da patria galega!