Rajoy presiona ao PSOE para formar goberno e alerta dun “cuatripartito” en Galicia “inestable e extremista”

O presidente en funcións afirma que "a formación dun goberno en España é aínda hoxe máis un desexo que un feito" e esixe máis responsabilidade ao PSOE para desbloquear a situación. Critica ademais que os partidos que queren ser alternativa ao Goberno de Feijóo están sumidos en "tremendas loitas de poder".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/08/2016 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, afirmou hoxe en Cotobade que "a formación dun Goberno en España é aínda hoxe máis un desexo que un feito", e esixiu máis responsabilidade ao PSOE para desbloquear a situación. Tamén criticou aos partidos que pretenden ser a alternativa ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo en Galiicia, aos que acusa de estar sumidos en "tremendas loitas de poder".

Mariano Rajoy, en Cotobade, acompañado por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e Ana Pastor
Mariano Rajoy, en Cotobade, acompañado por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e Ana Pastor | Fonte: Europa Press.

Rajoy fixo estas declaracións durante a clausura do acto de apertura do curso político, que tivo lugar na localidade pontevedresa de Cotobade, na Carballeira de San Xusto, e no que acompañou ao presidente do PPdeG e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas eleccións galegas do próximo 25 de setembro.

O presidente do Partido Popuiar destacou durante a súa intervención que Ciudadanos e Coalición Canaria "fixeron un esforzo" para alcanzar un acordo de investidura que permita formar un Executivo e mostrou a súa esperanza en que se poida "pechar pronto un acordo con ambas as dúas forzas políticas".

Non obstante, recordou que aínda que o PP consiga un acordo con Ciudadanos e CC, a suma son 170 deputados e non sería suficiente para formar Goberno. "Témome que hoxe é aínda moito máis un desexo que un feito", recoñeceu hoxe Rajoy, cando se cumpre o ultimato dado por Ciudadanos o pasado xoves aos populares para pechar o acordo de investidura.

Por iso advertiu que se o PSOE vota 'non' á súa investidura como presidente do Goberno "estaremos na mesma situación que decembro e iso xa sería moi perigoso para o noso país".

"As cousas van ben, pero poden empezar a deixar de ir ben e xa son moitos os avisos que empezamos a recibir dentro e fóra de España de que non se pode prolongar esta situación no tempo", xa que "sería tremendo que, tras os esforzos dos españois, a irresponsabilidade dalgúns nos volvese a unha situación de crise", subliñou.

Neste sentido, insistiu en que sería "moi negativa" a repetición duns comicios e continuar cun Goberno en funcións ao ser ademais unha "anomalía".

ESIXE RESPONSABILIDADE AO PSOE

Tras máis de oito meses (252 días) sen Goberno con plenas funcións, Rajoy considera que "é momento de apelar á responsabilidade do PSOE, un partido que gobernou moitas veces, que o combatemos porque cremos que as nosas receitas son mellores, pero que sen dúbida fixo achegas ao progreso do noso país".

"Non pode actuar con irresponsabilidade porque se está a xogar os intereses, a economía e a vida de millóns de cidadáns que non son os culpables desta situación," insistiu o presidente en funcións, quen afirmou que dende o PP farán "todos os esforzos programáticos dentro dos límites que marca a Constitución, a lóxica e a razón para intentar saír desta situación.

"É unha enorme irresponsabilidade que aqueles que teñen 52 escanos menos e 2,5 millóns de votos menos que os que gañaron as eleccións volvesen bloquear a constitución de Goberno en España, espero que non sexa así", remarcou.

ELECCIÓNS GALEGAS

Rajoy fixo estas declaracións na clausura do tradicional acto de inicio do curso político, celebrado este ano no municipio pontevedrés de Cotobade, tras a negativa da Deputación, presidida pola socialista Carmela Silva, a ceder o Castelo de Soutomaior. Durante a súa intervención, eloxiou a xestión de Feijóo, do que destacou que "lle avalan os resultados" e gobernou "con responsabilidade e sen demagoxia".

O presidente do Goberno en funcións subliñou que, coa xestión de Feijóo, Galicia hoxe é "estable, moderada e dinámica", e resaltou que a comunidade galega "vai a máis e nin o máis acérrimo adversario ao PP pode negar a evidencia". "Os datos e os feitos non son discutibles", apostilou.

Por iso, pediu aos galegos que avalen a Feijóo, xa que a alternativa sería unha "cuatripartito inestable, radical e extremista", con partidos sumidos en "tremendas loitas de poder".

"Hai dous modelos, un moi bo, que é o de Alberto Núñez Feijóo; e un moi malo (...) que xa coñecemos no bipartito, pero en versión mellorada, inestable, radical e extremista", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

2 Gamela

Carmela Silva estase cubrindo de gloria coa súa PROHIBICIÓN a realizar un acto electoral no castelo de Soutomaior. Mentres no Concello de Vigo como primeira Tenente de Alcalde vén de aprobar coa súa maioría absoluta un novo REGULAMENTO DO PLENO que impide manifestación do público na sala e mesmo restrinxe a prensa o seu traballo nos Plenos do Concello de Vigo ! Democracia Privada (ou VIP) é o que cociñan estes sectarios da cunquiña!

1 Gamela

Claro que a cousa vén de vello, pois xa no ano 2011 Abel Caballero tomou posesión a porta pechada... A Democracia Privada do Caudillo de Vigo agora xa ten un Regulamento que o avala legalmente para facer o que lle pete... Mentras Marea de Vigo limítase a protestar nas RR.SS. ? https://youtu.be/ytW5qx1Sfvg

2 Sole

O da Silva é para que os ppros e naranjitos coma ti, non vos poñades a mexar, xa postos de viño, contra as pedras centenarias do castelo e deixedes todo feito un cristo.

3 Gamela

Cré o "ladrón" que todos son da súa condición...!

4 Sole

Non te anoxes este ano podédelo facer arrimados á vosa árbore tótem, o eucalipto. Aos carballos nin vos acerquedes.

1 Alberte

Quadripartido? Ah, sim: BNG, PSOE, Marea e Falange Española Independiente