Dúas novas enquisas dan maioría absoluta a Feijóo e meten a Ciudadanos no Parlamento

As sondaxes de Infortécnica e NC Report dan unha ampla maioría conservadora e manteñen o PSdeG como segunda forza, a diferenza da enquisa de Sondaxe, que sitúa os socialistas terceiros e a suma das forzas da esquerda con posibilidades de gobernar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Dúas novas sondaxes electorais realizadas por Infortécnica e NC Report ofrecen resultados moi distintos dos presentados por Sondaxe, cuxa enquisa sitúa o PP con 37 escanos —dos 75 da Cámara galega— e coloca as forzas de esquerda co resto de parlamentarios, o que abriría as portas a un goberno progresista con En Marea con 18 representantes, PSdeG con 15 e BNG con 5. Pero o escenario que debuxan as sondaxes de Infortécnica e NC Report é radicalmente distinto. Ambas as dúas coinciden en darlle a maioría absoluta ao PP, con 38-41 escanos, e introducen a Ciudadanos no Parlamento galego, que podería obter até dous parlamentarios. Ademais, coinciden tamén en manter o PSdeG como segunda forza política no país, a diferenza de Sondaxe, cuxos resultados relegan os socialistas ao terceiro posto polo ascenso de En Marea.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de NC Report comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de NC Report comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

Na sondaxe de NC Report, para o xornal La Razón, a estimación de voto para o PP é do 44,6%, co que acadaría 39 escanos e maioría absoluta, aínda que serían dous menos que os conseguidos nas eleccións de 2012. Ademais, a dereita veríase reforzada en Galicia coa estrea de Ciudadanos na Cámara galega, co 5,2% dos votos e dous representantes, un pola provincia de Pontevedra e outro pola da Coruña.

No lado da esquerda, o PSdeG manteríase como segunda forza —evitando o sorpasso— cunha estimación de voto do 19,1% e 17 parlamentarios (só un menos que nas eleccións pasadas); mentres que En Marea neste caso sería a terceira forza, co 18,8% e 15 escanos. Nesta sondaxe, o BNG desplómase, conseguindo só dous representantes, cunha estimación de voto de tan só o 5,3%, quedando á par que Ciudadanos.

Na enquisa de Infortécnica, para La Región, os resultados para os grandes partidos son moi semellantes que os dados por NC Report. Así, o PP acadaría 38-41 escanos e o PSdeG, 17-19. En Marea tamén sería aquí a terceira forza, pero con menos representantes que na sondaxe de NC Report, acadando só 11-12, e o BNG, sen embargo, resistiría e acadaría 5-6 escanos, polo que é doado deducir que entre ambas as dúas enquisas a diferenza radica nun posible transvase de electores entre En Marea e o Bloque. Finalmente, nesta sondaxe tamén aparece Ciudadanos con 0-2 escanos.

Así as cousas, temos a enquisa de Sondaxe, na que a dereita quedaría só representada por un PP gañador das eleccións, pero con 37 escanos, e a esquerda sumaría 38, poidendo gobernar nun tripartito liderado por En Marea e completado por PSdeG e BNG; e por outro lado, os resultados de Infortécnica e NC Report, que coinciden en darlle maioría absoluta a Feijóo e os seus, e amplo apoio social á dereita coa aparición tamén de Ciudadanos, mentres que a esquerda quedaría en clara desvantaxe, se ben o PSdeG salvaría os mobles, mantendo un resultado semellante ao dos comicios de 2012.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Infortécnica comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Infortécnica comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

15 estadogalego

Hai unha posibilidade de cambio en Galiza, adiante! O voto o BNG totalmente útil, sen o benegá non hai cambio posible, nin matematicamente, nin de novas políticas. O benegá é a única candidatura galega, o resto, incluida a marea de podemos, sucursais madrileñas. Eu con Ana Pontòn!!

1 nostrus

O BNG mandando suporía un cambio, pero a peor, convertirian a Galicia nunha rexion talibánica facendo xirar todo arredor da lingua e a cultura igual como noutros sitios xira arredor do Islam. O nacionalismo non ten razon de ser porque vai contra a liberdade das personas. Nacionalismos NON por favor, a sua mision xa esta representada amplamente na Natureza a traves de cousas malas.

2 estadogalego

Por qué non che gusta a naciòn galega e si tòdalas demáis que hai no mundo? Non terás complexo? O nacionalismo galego revinca igualdade co resto de naciòns, pode ser dentro dun Estado Plurinacional. O nacionalismo galego nunca impuxo a cultura galega fora de Galiza. O nacionaliamo Español si impuxo o Castelán de forma violenta en Galiza. Coidate do nacionalismo español que é perigoso é imperialista.

3 nostrus

estadogalego. Tu mismo asignas el caracter fascista y racista de nacionalismo gallego, ¿por que le molestan los demas compatriotas?, ¿que tiene contra los murcianos?. El nacionalismo no quiere una España uniforme y reivindica el hecho deferencial gallego y a la vez uniformiza a Galicia y niega la diversidad gallega. Segun tu "el nacionalismo gallego nunca impuso nada fuera de Galicia"...¿y por que quiere imponer dentro de Galicia?. Cuando se impone algo ha de ser por un bien social y no por una mania identitaria y en cuyo caso deja de ser imposicion y pasa a ser obligacion. Seguramente que no te gustaria que te dijeran que tienes que dejar bigote para mantener la identidad de Galicia y seguramente a Callon no le gustaria que lo normalizaran para que fuera hetero y contribuir a la continuacion de la especie. La gente hace lo que quiere y no tiene porque estar atado a la cultura

4 estadogalego

Non poñas en min palabras que non dixen, o nacionalismo galego nunca impuxo nada. Si non respetas nin coñeces a relidade diferente da cultura galega é que non sabes onde vives. A dereita española (PP) que nega a realidade socioeconòmica específica de Galiza non está capacitada para gobernar Galiza. Eu con Ana Pontòn!!

14 Voto nulo en Lugo

Dame igual quen gane. O que pretendo é un cambio limpo, con candidatos que non sexan herdeiros do testamento de Beiras autorizado polos dous alcaldes e medio de testigos. Se hai que agardar catro anos máis, merece a pena a espera. E se é dándolle a lección ó herdeiro que consegue o posto den esforzo, mellor. Hai moita xente que botou o último lustro axudando a afectados pola crise, que loitou contra empresas expoliadoras e que quere levar ese esforzo ó Parlamento, pero o herdeiro preguiceiro no seu traballo de xuiz, llelo impide. A Marea, para ser marea de verdade, non debe obter representación en Lugo. Eu propoño o voto nulo, tachando nomes de quen non gañou o posto, senón que llo deron

1 Montesío

Mira que non tes onde escoller! Deixa de enredar porque o que ti vas votar é o PP, como todos estes trolls que reparten por aquí o seu lixo, porque teñen bastante.

13 Mareas = VOTO UTIL

Marhuender e La Vox tirando para o BNG, LOL

12 kVS6

As enquisas de La Razón nin merecen ser consideradas, e La Región en fin, dáballe escanos a Mario Conde fai catro anos...

11 Pam dimisión!!!

Dimitiu a deputada bocazas? A que insultou a mulleres, discapacitados e persoas ben nacidas? Non o fixo, nin llo esixen... Logo nas Mareas son cómplices! Eu non voto por covardes das Mareas, non hai decencia dentro, logo mal poden ser útiles para o país. Abstención ou voto nulo. Pois non vou apoiar á Poltrona do aparato suicida, e menos á corrupción do PPsoE! Nin a ultradereita empresarial catalana! Os galegos queremos limpeza, non trepas mareantes!