O resultado das eleccións pode depender dun par de deputados

A enquisa do CIS, a máis completa das que se fixeron, indica que o PP revalidaría a maioría absoluta con dous ou tres deputados de marxe. Ademais, Ciudadanos podería entrar. Pola esquerda, moi igualado entre a marea e os socialistas mentres o Bloque quedaría sen grupo parlamentario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2016 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O Partido Popular encabezado por Alberto Núñez Feijóo gañaría as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro cun 44,9 por cento dos votos, que se traducirían en entre 40 e 41 escanos, o que suporía a terceira maioría absoluta do líder popular e mantería a representación actual (41).

Feijóo no Congreso Autonómico de Ourense
Feijóo no Congreso Autonómico de Ourense | Fonte: Novas Xeracións

Mentres, En Marea -liderada por Luís Villares-, con entre 15 e 17 deputados, e o PSdeG -encabezado por Xoaquín Fernández Leiceaga-, cunha estimación de 15, disputaríanse colocarse como segunda forza máis votada nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, ambas as dúas cun empate técnico en estimación de voto (19,9%).

Pola súa parte, o BNG de Ana Pontón, actualmente con sete escanos, lograría dous representantes na Cámara galega e Ciudadanos, a candidata dos cales é Cristina Losada, atópase ás portas de entrar por primeira vez no Parlamento, cunha estimación de entre cero e un deputado.

Así se desprende da enquisa que difundiu este xoves, a unhas horas de que arranque a campaña electoral, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

Por provincias o resultado estimado sería o seguinte:

Estimación do CIS na súa enquisa electoral para as autonómicas galegas
Estimación do CIS na súa enquisa electoral para as autonómicas galegas | Fonte: cis.es

Pontevedra

PP. 39,8% do voto. 10 escanos.

En Marea. 22,4% 5/6 escanos.

PSdeG. 20,9% 5 escanos.

BNG. 7,1%. 1 escanos.

Cs. 5,1%. 0 escanos

A Coruña

PP. 45,5% do voto. 13 escanos.

En Marea. 20% do voto. 6 escanos.

PSdeG-PSOE. 19,2% do voto. 5 escanos.

BNG. 5,1% do voto. 1 escano.

Ciudadanos 4,4% do voto. 0 escanos.

Lugo

PP. 51,2% do voto. 9 escanos.

PSdeG. 20,2%. 3 escanos.

En Marea. 15,9%. 2 escanos.

Ciudadanos. 4,3%. 0 escanos.

BNG. 3,5%. 0 escanos.

Ourense

PP. 50,5 % do voto. 8/9 escanos.

PSdeG. 19,5%. 3 escanos.

En Marea. 16,7%. 2/3 escanos.

Ciudadanos. 4,1% do voto. 0 escanos.

BNG. 3% do voto. 0 escanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

11 elo

Miña madriña, vexo polos comentarios, que a culpa de do BNG... Ei, e por que as mareas e os podemos non retirades as vosas candidaturas e pedís o voto para o PSOE para que non gañe Rajoy?

1 Ana

Porque nunca se retiran os que aspiran a ser primeira forza da alternativa. O que debe retirarse son os residuais, valo entendendo?

2 Qué cousas

A pluradidade e lícita, pero non entendo o que queres dicer con iso de retirarse e terminoloxía de forzas residuaisl. ¿Pensas que hay organizacións políticas que deben retirarse ou ilegalizarse?

3 Celidonio

Retirarse? Non, ho non, que son importantes, de feito estanlle facendo --querendo ou sen querer-- un grande servizo ao PP.

10 Caldelas

Se o Bloque tivese amor polo pais retiraria as candidaturas de Lugo e Ourense, onde non vai colocar mantidas. Se as Mareas tivesen decencia obrigarian a dimitir ou expulsarian a Angeles Rodriguez (Pam). Logo xa me diredes quen colabora para que o PP manteña a maioria. Si, dentro do BNG hai quen prefire Feixoo a Villares, e dentro das Mareas hai trepas que se tapan imprresentables igual que tapa o PP aos seus corruptos.

9 Ana

Se o BNG quita 4 deputados, o PP perde a maioria. Pero se queda en 2 deputados, cousa ben probable, os votos do BNG non serven, é máis, axudan ao partido máis votado, que é o PP. As navalladas non serven: os políticos galegos autoproclamados nacionalistas e progresistas están acabando co país.

1 Alberte

Então haverá que votar mais no BNG, não é?

2 Ana

Votar ou botar ao BNG, dúas opcións igual de válidas. Sabendo que vai facer o mesmo que En Marea, reformismo e pouco máis, non hai diferenza: moito postureo e navalladas, moito impostor e trepa. Confianza escada, así de claro e triste! Só que o vento sopra en favor da Marea, logo concentrar esforzos ou dispersar, cada quen que cavile o que é mellor para os galegos e galegas. Se eu fose do PP recomendaria votar Bloque...

3 anonimo

O que hai que ler, o que acaba é o fraude, o polvorín que supón EN MAREEA, xa non enganades a ninguén, ides copsta abaixo e sen freos, ao tempo...e isto dio un ex-mareante que nunca estivo antes no BNG, e que quedou asqueado da súa participación nunha marea, o máis que vin é trepas.

4 Celidonio

Se a Marea vai para baixo, admitamos tal hipotese (ainda sendo segunda ou terceira forza, se hai maioria absoluta sera un fracaso que non garantiza a unidade dos diversos nacionalismos da amalgama) e recoñezamos os trepadores (o da Pam ou a Yoli da noxo alleo), no BNG con 2 deputados, se saen, poden estar orgullosos.Non hai peor cego que o que non quere ver. Os que lideran o nacionalismo galego, desde a UPG aos Anovos, poden estar satisfeitos: traballan para o españolismo! Parabienes Beiras e Paco Rodriguez, fixestes historia, negativa para Galiza por suposto!

8 antonino

Esta é a enquisa razonable. A enquisa da Voz, e a enquisa ferramenta do PP para animar a seus votantes. Primeiro dandolle chances a Marea de chegar a presidencia e segundo pendindo os falangitos o voto util para o PP. Desgraciadamente e grazas as miserias do nacionalismo, isto é o que vai pasar. Outra maioría de FEIJOO o servizo da destrucción da conciencia nacional de Galicia,

7 Mareas = VOTO UTIL

o BNG é a garantía e triunfo de Feijoo. Se a cousa fora Mareas + PSOE vs PP + Cs Feijoo facía as maletas.