O resultado das eleccións pode depender dun par de deputados

A enquisa do CIS, a máis completa das que se fixeron, indica que o PP revalidaría a maioría absoluta con dous ou tres deputados de marxe. Ademais, Ciudadanos podería entrar. Pola esquerda, moi igualado entre a marea e os socialistas mentres o Bloque quedaría sen grupo parlamentario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2016 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O Partido Popular encabezado por Alberto Núñez Feijóo gañaría as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro cun 44,9 por cento dos votos, que se traducirían en entre 40 e 41 escanos, o que suporía a terceira maioría absoluta do líder popular e mantería a representación actual (41).

Feijóo no Congreso Autonómico de Ourense
Feijóo no Congreso Autonómico de Ourense | Fonte: Novas Xeracións

Mentres, En Marea -liderada por Luís Villares-, con entre 15 e 17 deputados, e o PSdeG -encabezado por Xoaquín Fernández Leiceaga-, cunha estimación de 15, disputaríanse colocarse como segunda forza máis votada nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, ambas as dúas cun empate técnico en estimación de voto (19,9%).

Pola súa parte, o BNG de Ana Pontón, actualmente con sete escanos, lograría dous representantes na Cámara galega e Ciudadanos, a candidata dos cales é Cristina Losada, atópase ás portas de entrar por primeira vez no Parlamento, cunha estimación de entre cero e un deputado.

Así se desprende da enquisa que difundiu este xoves, a unhas horas de que arranque a campaña electoral, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

Por provincias o resultado estimado sería o seguinte:

Estimación do CIS na súa enquisa electoral para as autonómicas galegas
Estimación do CIS na súa enquisa electoral para as autonómicas galegas | Fonte: cis.es

Pontevedra

PP. 39,8% do voto. 10 escanos.

En Marea. 22,4% 5/6 escanos.

PSdeG. 20,9% 5 escanos.

BNG. 7,1%. 1 escanos.

Cs. 5,1%. 0 escanos

A Coruña

PP. 45,5% do voto. 13 escanos.

En Marea. 20% do voto. 6 escanos.

PSdeG-PSOE. 19,2% do voto. 5 escanos.

BNG. 5,1% do voto. 1 escano.

Ciudadanos 4,4% do voto. 0 escanos.

Lugo

PP. 51,2% do voto. 9 escanos.

PSdeG. 20,2%. 3 escanos.

En Marea. 15,9%. 2 escanos.

Ciudadanos. 4,3%. 0 escanos.

BNG. 3,5%. 0 escanos.

Ourense

PP. 50,5 % do voto. 8/9 escanos.

PSdeG. 19,5%. 3 escanos.

En Marea. 16,7%. 2/3 escanos.

Ciudadanos. 4,1% do voto. 0 escanos.

BNG. 3% do voto. 0 escanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

1 Mol

Adiantovos ás valoracións La voz de Galicia: BNG 5 - Inquisa cociñada para favorecer ao BNG e restar ás Mareas. CiS: BNG 2 - Inquisa cociñada para movilizar ao BNG e restar ás Mareas.

1 minhoca

Que bo! Se inflas, beneficias ao BNG e perxudicas a mareas-podemos. Se desinflas, beneficias ao BNG e perxudicas a mareas-podemos. Unha fiera, si.