Galicia revive a traxedia de Angrois cun novo accidente de tren no Porriño

Cando menos catro mortos e medio cento de feridos ao descarrilar un tren no Porriño. A locomotora chocou contra un poste nunha zona de gran visibilidade. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2016 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Catro persoas faleceron e medio cento resultaron feridas na mañá deste venres tras descarrilar un tren de pasaxeiros no termo municipal do Porriño (Pontevedra). Un dos mortos é o maquinista.

Tren descarrilado no Porriño
Tren descarrilado no Porriño | Fonte: Vigoalminuto

Segundo os primeiros datos facilitados por Renfe a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 9,30 horas. O sinistrado é un tren de pasaxeiros que facía a ruta Vigo-O Porriño.

A Consellería de Presidencia da Xunta confirmou que hai constancia de dous falecidos e varios feridos ao envorcar dous vagóns e quedar outros dous semivolcados. Con todo, o número de mortos podería ser moito maior.

ANGROIS

Trátase dun accidente moi similar ao ocorrido en Angrois fai xa tres anos, xa que o ferrocarril chocou contra un poste de alta tensión nunha zona cunha recta con ampla visibilidade. Polo momento descoñécense as causas do accidente.

Persoal de emerxencias atende aos feridos do tren descarrilado no Porriño
Persoal de emerxencias atende aos feridos do tren descarrilado no Porriño | Fonte: vigoalminuto

 

Até a zona desprazáronse servizos de emerxencia que están a traballar nos labores de evacuación dos feridos. Alí chegaron unha ducia de ambulancias e un helicóptero medicalizado que tivo que aterrar nas instalacións dun supermercado próximo.

Accidente de tren no Porriño
Accidente de tren no Porriño | Fonte: Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

9 Minhoto

Aínda que a línea, o servizo e o tren son propiedade dos gobernos español e portugués, toda a culpa é de Feijo. Igual que o ocorrido co Alvia. O despiste do maquinista matou 81 persoas, pero a culpa é de Feijoo. Hai que ilegalizar o PP. A única maneira de que deixe o poder. Os galegos non saben o que votan. En Venezuela, con Maduro, o pobo é quen máis ordena.

8 anonimo

Accidentes de trens, lumes, paro e emigracion, sin caixas propias, sectores economicos en crise... ¿seica so é a mala sorte ou o clima?.

7 Fernando G.

Por lo que se puede leer más abajo, los buitres carroñeros ya se están frotando las manos con esta desgracia. Que asco de izquierda. Iba a pasar de votar, pero ahora voy a hacerlo, y no va a ser por esa chusma carroñera y demagógica. Descansen en Paz los fallecidos

1 balbino

Seguro que nom ibas a votar, demagoxia a túa langrán, se nom chega a ser pola esquerda o accidente de Angrois estaría esquecido que é o que queres, a quen lle importa as victimas ponse do lado delas e nom trata de esconder e protexer ós culpables.

2 non votaba o palhaso

Seguro que non votaba o ghicho, claro. Aparte que esa expresión "asco de izquierda". O Fernando ten de galego o que eu de coreano.

6 kinoño

Os peperos corruptos con diñeiro que meten pros petos deles, non se pivatizaba a sanidade, ensino, e teriamos infaraestructuras mellores... non morreria tanta xente. Pero votaille que asi vos darán por alí...

5 Vila

Palabras claves da campaña: Angrois, PP, recortes, privatización, inseguridade. Non é un bo xestor quen produce mortes con recortes en Sanidade e Servizos Públicos.