Quen axuda a quen; Rajoy a Feijóo ou Feijóo a Rajoy?

O presidente galego en funcións nega que haxa un "distanciamento" co líder do seu partido, pero confirma que "cada un ten a súa propia campaña". De feito, confirma o ocultamento das siglas do PP e di que o seu partido é "Galicia".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/09/2016 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Mariano Rajoy leva, prácticamente, toda a campaña electoral en Galicia. No seu partido apuntan que unha vitoria por maioría absoluta en Galicia podería ser un impulso as súas aspiracións a repetir na Moncloa. Sen embargo, na súa estratexia choca directamente con Alberto Núñez Feijóo, que está a realizar unha campaña moi personalista na que o nome do PP case que está nun segundo plano.

Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso
Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso

Por iso, o candidato do PPdeG á reelección na Xunta tivo este luns que aludir a este choque de estratexias dentro do propio Partido Popular. Así, negou que estea a marcar distancias co presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, ao non coincidir en practicamente ningún dos actos nos que participou o dirixente estatal durante a campaña electoral en Galicia e de feito. Ademais, suliñou que que está convencido de que se Rajoy "segue axudando", o PPdeG ten posibilidades de obter a maioría absoluta o próximo 25S.

Así o sinalou en Xunqueira de Ambía (Ourense), onde participou nun acto electoral xunto á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o presidente do PP ourensano, Manuel Baltar, e a cabeza de lista pola provincia, Marisol Díaz, para informar sobre as propostas do seu partido en materia de rehabilitación no rural.

En resposta a preguntas da prensa, Feijóo rexeitou que se estea a producir un distanciamento con Mariano Rajoy durante a campaña electoral galega, senón que a falta de coincidencia responde a unha "estratexia coñecida", que consiste en "pisar o territorio" e en que o PP de Galicia realice "15 ou 20 actos diarios" en "tódolos pobos aos que poidamos chegar".

"Cada un ten a súa propia campaña", insistiu o candidato 'popular', que "agradeceu" a Mariano Rajoy a súa participación durante esta xornada electoral en actos na provincia da Coruña. "A min tócame Ourense, Lugo e finalizarei en Ferrol", sinalou ao respecto.

"Se o presidente segue axudando como o está a facer temos posibilidades de obter unha maioría. Sei que é moi difícil e que non existe ningunha maioría absoluta no resto de España, pero ímolo intentar", dixo Feijóo.

O PP "É GALICIA"

Na súa intervención ante a prensa o candidato do PP "reiterou" o que xa se ve na campaña, é que tenta ocultar as siglas do seu propio partido. Así, suliñou que, despois de oito anos como presidente da Xunta, o seu "partido" nestes momentos é Galicia. "Vólvome presentar para ser o presidente de todos os galegos, os que nos voten e os que non, e iso é compatible con que son o candidato do PP de Galicia á Presidencia da Xunta", dixo.

Feijóo insistiu en que nestes momentos Galicia é o seu "primeira e exclusiva prioridade". Neste sentido comprometeuse a velar polos intereses dos galegos "por enriba de calquera ideoloxía, sigla ou partido".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta