Rueda anima a votar para "decidir o futuro de Galicia" a pesar do "cansazo" por eleccións "moi seguidas"

O presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou este domingo aos galegos a acudir ás urnas para "decidir o futuro de Galicia" a pesar do "cansazo" que poidan sentir por convocatorias electorais "moi seguidas".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2016 | Actualizada ás 13:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou este domingo aos galegos a acudir ás urnas para "decidir o futuro de Galicia" a pesar do "cansazo" que poidan sentir por convocatorias electorais "moi seguidas".

Tras exercer o seu dereito ao voto no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, Rueda fixo un chamamento á participación, xa que "o que se está a decidir é o futuro de Galicia".

"Comprendo perfectamente que son moitas citas electorais, moi seguidas, que a xente poida estar cansa de tantas convocatorias,", dixo o número 2 dos populares por Pontevedra, que, non obstante, apelou á participación.

"Estamos a falar do que queremos para Galicia, quen queremos que presida Galicia e estamos a falar da estabilidade," resumiu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta