Peche do colexio Manuel Masdias de Ferrol por falta de medios

Primeiro foi o centro educativo de Ponteareas e agora é o Colexio Público Manuel Masdias do barrio de Caranza, en Ferrol, o que decidiu pechar por unha situación escolar  de falla de medios que califican de "insostíbel"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2009 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

None

O Manuel Masdias, é o único centro público de infantil e primaria, do barrio de Caranza. Un barrio que conta con 15.000 habitantes. Desde sempre este centro destacou pola sua orientación a favor dun ensino de calidade, inspirado nas correntes pedagóxicas mais inovadoras, desenvolvidas por excelentes profesionais. Todo isto contando que son os sectores máis desfavorecidos do barrio, os que teñen desde sempre, ao Manuel Masdias, como o seu centro de referencia e de pertenza, segundo relata o blog Colectivo Ártabra 21.

Pero "este curso a situación non permite outra saída que conseguir un compromiso da administración para que tome consciencia da situación real do centro e envie a dotación de profesorado que estamos demandando", asegura o Consello Escolar.

Pola súa parte a ANPA do Manuel Masdías, que participa no peche a través das súas representantes, reivindica ademais, que o Concello aumente a dotación de persoal que atende o servizo de comedor escolar, por ser un ámbito educativo máis do centro, e polo tanto non é alleo á problemática que se presenta neste curso.

Ás 16:00 horas deste venres 16 de Outubro, celebrarán unha asemblea para decidir as accións a tomar a semana próxima.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 anónimo

ás características dun sector do alumnado, numericamente significativo, con necesidades educativas específicas, con risco de exclusión social, que acaban de incorporarse, nalgúns casos, doutros centros da comarca...

NADA NOVO BAIXO O SOL, EU NUN CASO SIMILAR PROPÚXENLLE AO SR. INSPECTOR DE EDUCACIÓN QUE OS ESCOLARIZASE NOS MARISTAS, XESUITAS, FILLAS DA SANTÍSIMA TRINIDADE, HERMANITOS MISIONEROS DE LA SANTÍSIMA ASTILLA DEL ÚLTIMO OLIVO DEL GETSEMANÍ... PERO NON HAI MANEIRA, VEÑA QUE ESTE "PERFIL DE ALUMNADO" (agardo que todos se decaten do tipo de alumnado) ESTÁ MILLOR NA PÚBLICA, MIRA TÍ (certo é que somos mellores, aínda con menos medios).
PARA CANDO, PARA CANDO IRÁN AOS MARISTAS, PAGADOS CO DIÑEIRO DOS NOSOS IMPOSTOS, OS ALUMNOS DESE "PERFIL"?????