Dúas deputadas de En Marea ven "perfectamente comprensible" a petición de Luís Villares

As deputadas de En Marea Luca Chao e Ánxeles Cuña avalaron este martes a petición do seu voceiro, Luís Villares, de solicitar unha compensación económica polo salario que deixou de percibir dende que foi elixido candidato á Presidencia da Xunta, así como secretario persoal e chofer.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2016 | Actualizada ás 20:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As deputadas de En Marea Luca Chao e Ánxeles Cuña avalaron este martes a petición do seu voceiro, Luís Villares, de solicitar unha compensación económica polo salario que deixou de percibir dende que foi elixido candidato á Presidencia da Xunta, así como secretario persoal e chofer.

Nesa solicitude que entregou en papel, á que tivo acceso Europa Press, Villares reivindica que, dende as eleccións do 25 de setembro, como candidato de En Marea e voceiro da formación tivo que afrontar "unha serie de responsabilidades derivadas do cargo" que, ademais dos "desembolsos" que lle supuxeron, determinaron "unha dedicación de especial intensidade" que puxeron de manifesto "unha serie de carencias" para desenvolver o seu labor.

Preguntadas en rolda de prensa a respecto deste escrito, Luca Chao considerou que é "perfectamente comprensible", toda vez que tivo que presentar a súa excedencia como maxistrado no mes de agosto e está "sen salario dende entón", ata que perciba a súa primeira nómina como deputado do Parlamento.

Igualmente, Ánxeles Cuña recordou que outros profesionais cesan xusto antes de recoller a súa acta, un extremo que Villares non puido facer ao non ser a política compatible co seu posto como maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o que obrigoulle a pedir a excedencia xa cando anunciou a súa candidatura ás primarias internas de En Marea, o pasado 4 de agosto.

"Non pide máis que unha compensación que pode durar dous, tres ou catro meses", detallou a parlamentaria ourensana, tras aclarar que Villares non persegue "ter un salario maior".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Amigos para siempre

Vocacional Villares? Non, ante todo o peto e o peso! Como se ri dos milleiros de parados, subempregados e de explorados que votaron En Marea! E as que o aplauden xa sabemos o que agrardan: quitar tallada! Igual que Pontón, a "nova" revelación do BNG que leva 16 anos de deputada e só traballou para o Partido! Igual que o PPsoE! Que pronto quitou a careta!

1 sereno

Faltaría mais, e logo o outros 11 que quedan no grupo no o ven normal?