A CIG tamén denuncia a privatización do servizo de helicópteros contra incendios

Tras o peche de dúas bases públicas é a empresa privada Natutecnia a que se encarga de prestar servizo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/11/2016 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Consellería de Medio Rural acaba de pechar as bases de helicópteros propias: a de Vilarmaior no distrito forestal XIV de Verín Viana, a de Marroxo na provincia de Lugo e a do Campiño en Pontevedra. Pola contra, mantén abertas e operativas as bases de xestión privada de Toén e o Barco en Ourense, Portomarín en Lugo e a de Queimadelos en Pontevedra, todas elas pertencentes á empresa privada Natutecnia.

Helicópteros de loita contra os incendios forestais
Helicópteros de loita contra os incendios forestais

“Esta decisión adoptouse por indicación da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, que preferiu mandar o persoal fixo-descontinuo do SPDCIF a engrosar as listas do paro, mentres segue mantendo negocios privados especulativos á conta da loita contra os incendios forestais”, denunciaba hai uns días CCOO.

Tamén a CIG se suma a estas criticas e denuncia o peche destas bases públicas para que sexan xestionadas pola empresa Natutecnia.

A maiores do persoal propio das bases helitransportadas, hai que ter en conta que a Xunta rematou os contratos do persoal propio de reforzo de verán o pasado 1 de outubro, deixando sen persoal o período correspondente á ampliación do tempo de alto risco decidida pola Xunta (do 1 ao 15 de outubro).

“Responde isto á práctica á que nos ten desgraciadamente acostumados a Consellaría do Medio Rural, favorecendo sempre a privatización do dispositivo de loita contra incendios forestais, encargando a empresas privadas a xestión e aproveitamento das bases de utilidade e propiedade pública”, critica.

Neste sentido, denuncia que, a día de hoxe, o reforzo de verán do dispositivo de loita contra os lumes está xa na casa, e só se conta con brigadas do dispositivo público helitransportado con contrato ata rematar novembro pero sen helicópteros, e coas brigadas de empresa privada a pleno rendemento prestando máis funcións e durante máis tempo. Por iso, reclama un  servizo único profesional e público. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Miguel Anxo

Esto é unha vegoña. Privatinzanse servicios e logo saen moitisimo mais caros que cando a xestión era pública. ¿Qué clase de empresarios teñen a capacidade de acceder a estas xugosas privatizacions? Moito me temo que todas estas adxudicacions están amañadas con anterioridade.

1 Aguiadoberce

A min gustaríame que privatizasen dunha vez a CIG, así non teriamos que pagar con diñeiro de todos os seus moitos liberados sindicais, que ademais adoitan ser o mellor de cada casa.