Feijóo sóbese o soldo un 7,5% e aumenta un 7% o dos seus conselleiros

O custo total do Executivo autonómico superará os 700.000 euros e o do persoal eventual de gabinete suporá 4,98 millóns de euros en 2017.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/12/2016 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Aínda en plena crise e con milleiros de persoas en absoluta precariedade, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decidiu subirse o seu soldo e o do seu equipo de goberno moi por enriba do IPC. Así, o presidente galego cobrará un 7,5% máis en 2017, mentres os dez conselleiros que integran o seu Goberno tamén incrementarán en algo máis dun 7% as súas nóminas, de modo que o custo total do Executivo autonómico superará os 700.000 euros.

Feijóo recibe un body co lema de Feijóo
Feijóo recibe un body co lema de Feijóo | Fonte: DP - galiciae.com

Así figura no proxecto de orzamentos que o titular de Facenda, Valeriano Martínez, entregou este sábado no Parlamento de Galicia, para iniciar a súa tramitación na Cámara.

O soldo de Feijóo ascenderá o ano que vén a case 73.000 euros. É un 7,5% máis que os arredor de 67.500 que tiña consignados este ano, e un 8,6% máis que a nómina que se fixou en 2013, cando, en plena crise, se reducira o soldo en 7%.

En 2014 e 2015 mantívoo conxelado e en 2016 ascendeu un 1%, como as retribucións do conxunto dos empregados públicos.

Pola súa banda, o vicepresidente, Alfonso Rueda, e os outros nove conselleiros —Facenda, Medio Ambiente, Infraestruturas, Economía, Educación, Sanidade, Política Social, Medio Rural e Mar— teñen asignados case 63.00 euros para o próximo exercicio, un 7,06% máis que este ano.

Entre todos eles, o Goberno de Núñez Feijóo supón algo máis de 707.000 euros en nóminas, un 7% máis que os 660.052 de 2016 —cando o custo subira un 23% fundamentalmente polo aumento do número de consellerías—. Esta suba contrasta coa situación de precariedade laboral e rebaixa nos soldos que padecen milleiros de cidadáns.

PERSOAL EVENTUAL DE GABINETE

Mentres, a Xunta segue gastando case 5 millóns de euros (uns 4,98, en concreto) no persoal eventual de gabinete, sobre todo no que depende de Presidencia (1,56 millóns) e Vicepresidencia (máis de 750.000 euros).

Por consellerías, a que máis recibe para estas achegas é Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (máis de 490.000 euros), seguida de Economía, Emprego e Industria (uns 395.000 euros).

Pola súa parte, Facenda, Medio Ambiente, Infraestruturas, Sanidade, Política Social, Medio Rural e Mar destinan a persoal eventual de gabinete, cada unha de elas, uns 255.000 euros.

Mentres, o conselleiro maior de Contas terá un soldo en 2017 dalgo máis de 67.500 euros, que, sumados os trienios, ascende a case 75.500.

Os catro conselleiros deste organismo percibirán un total de 253.730 euros, isto é, que cobrarán uns 63.400 euros cada un, sen contar trienios.

No caso do Consultivo, o seu presidente recibirá 67.500 euros, e o custo das nóminas dos sete conselleiros alcanzará os 444.000 euros (outros 63.500 euros cada un, aproximadamente).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 Remo

Non pode ser certo .....o panfleto subvencionado pepeiro ( la coz antigallega) non pon nada....

1 Amigos para siempre

La Voz de Su Amo está avalada por Ana Pontón e por Villares, logo teñen permiso para desinformar do BNG e das Mareas de Podemos. Os servos estades sometidos, calade e tragade!!!

8 Infalangitowetrust

Españoles, Galicia va bien, se acabo la austeridad. Viva el vino!!!

7 galegoexiliado

Un xesto de honradez do mellor presidente do mundo mundial, Mentras o desGoberno de Expaña aproba una suba do salario mínimo do 8%, Don Alberto so se sube un 7%. Grazas Amado Líder, Luz en la Tinieblas, Faro de Occidente, por convertir a Galicia no país mais rico e industrializado de Europa e do mundo.

6 j,fran

Vivamos como galegos!!!!!!!!!!!!

5 Aninha

Neve a esgalla!!!