Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€

A Xunta publicou o último día hábil do ano a resolución das súas subvencións aos medios para promocionar a lingua galega. Estas dúas liñas de axudas son faragullas en comparación coas ducias de millóns que reparte cada ano a Secretaría Xeral de Medios a través da publicidade e dos convenios a dedo. Con todo, son moi reveladoras de como o PPdeG e os grandes empresarios da comunicación se apoian mutuamente co diñeiro de todos.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 04/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A resolución da subvención para medios integramente en galego -tradicionalmente con liñas editoriais máis críticas co PP- suma 201.000 euros. As subvencións para medios en xeral 1,6 millóns. Esta diferencia de importe prodúcese malia que en teoría as dúas liñas de subvención comparten un fin: apoiar a difusión de noticias en galego.

Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios, e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios, e Nuñez Feijóo

Regras de xogo a medida 

Para cobrar as subvencións, aos medios escritos en castelán chégalles con ceder á lingua propia un pequenísimo espazo: o 8%. Ademais, poden recibir axudas polas súas edicións dixitais.

A convocatoria de axudas para medios en galego crea unha serie de barreiras pola que na práctica case toda a prensa dixital en galego queda excluída. A maioría -salvo Sermos Galiza- non teñen edición impresa, polo que non poden acceder a  esta liña de axudas para cabeceiras integramente en galego. Estas axudas, a diferencia das axudas aos medios en castelán, só se dan para ediccións en papel, malia que hai lustros que a prensa dixital ten máis lectores ca prensa escrita.

Ademais, a maioría da prensa dixital en galego tampouco pode acceder á liña de axudas a medios en xeral porque tampouco declaran -salvo Sermos e Pontevedra Viva- máis de cinco traballadores en nómina. Resultado: a prensa dixital en galego suma pouco máis 3.400 euros de axudas (1.200 de Sermos e 2.200 de Pontevedra Viva)

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Medios en castelán con menos audiencia cobran máis que medios en galego con máis audiencia

Así as cousas, o resultado final destas convocatorias é totalmente contrario ao que se pretende, polo menos en teoría. Grandes medios que discriminan o galego reciben importantísimas subvencións por promocionaren a lingua proia. Salvo o 25 de Xullo, cabeceiras como La Voz de Galicia (718.000 €) ou Faro de Vigo (305.000 €) relegan o idioma propio aos artigos de opinión e ás veces de cultura.

Pola contra, os medios dixitais en galego con importantes audiencias (por exemplo GC, Praza Pública, Que Pasa na Costa, Xornal do Val Miñor, etc.) non ven un peso. Por, en teoría, apoiaren o galego cobran incluso cabeceiras que son case exclusivamente en castelán e que, de acordo aos rankings de Alexa, teñen menos lectores que, por exemplo, GC. Por citar dous, Atlántico Diario (22.000 euros a través de Rías Baixas Comunicación) ou El Ideal Gallego e Diario de Ferrol ( 33.000 € a través de Editorial la Capital). 

Nin rastro de El Correo Gallego

A continuación figuran os importes recibidos por cada empresa nas dúas liñas de subvención. O criterio para establecer as cantidades é a difusión que cada medio di ter. Sorprende tamén a total ausencia das cabeceiras de Editorial Compostela (Radio Obradoiro, El Correo Gallego) Outro dos requerimentos era estar ao día do pago dos impostos.

LIÑA DE AXUDAS A MEDIOS EN XERAL (co compromiso de publicaren o 8% en galego os escritos e emitir o 50% en galego as radios)

Beneficiaria Importe
Radio Lugo, SA (Cadena Ser) 56,74
Radio Ourense, SA (Cadena Ser) 872,43
Europa Press Delegaciones, SA 1007,74
Sermos Galiza, SA 1226,38
Virtual Vedra Comunicación, SL (Pontevedra Viva) 2237,68
Radio Pontevedra, SA (Cadena Ser) 12491,26
Rías Baixas de Comunicación (Atlántico Diario) 22403,36
Editorial La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, DxT) 33555,87
Voz de Galicia Radio, SLU 43315,67
La Opinión de La Coruña, SLU 47940,61
Uniprex, (Onda Cero) 69870,22
Lérez Ediciones, (Diario de Pontevedra) 70088,17
La Región, SA 70575,79
El Progreso de Lugo, SL 135263,36
Radio Popular, COPE 139908,77
Faro de Vigo, SAU 305686,04
La Voz de Galicia, SA 718499,91
   
TOTAL 1.675.000

LIÑA DE AXUDAS A MEDIOS ÍNTEGRAMENTE EN GALEGO (só para medios impresos en papel e 100% en galego RAG)

Beneficiaria Publicación Importe
Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, SA Tempos Novos 7540.75
Félix Jorquera Caselas, SL Terra Chá Xa 7569.51
Luzes, Xornalismo que Conta, SL Revista Luzes 7572.36
Ediciones Edisport, SLL A Louriña 7573.47
Ediciones Edisport, SLL Vigo Deportivo 7573.47
Libre Expresión de Medios de Galicia, SL Revista Amsgo! 7699.84
Conde Miranda, Ana Teovivo 7713.7
Arrincamos, SL Sprint Motor 7978.68
Underwood Media, SL Crónicas 7979.83
Publicaciones Tameiga, SL A Nova Peneira 8116.41
Publicaciones Tameiga, SL Hermes e Atenea 8116.41
Garherve, SL O Sil Ano 2000 8173.32
Grupo Código Cero Comunicación, SL Código Cero 8251.28
Publicidade Terceiro Milenio, SLU Xornal 21 8490.29
Adelaida Domínguez Mariño Xornal Galicia Sur Ourense 8655.86
Xornal Galicia Norte A Coruña, SL Xornal Galicia Norte A Coruña 8655.86
Letras a la Carta, SL Barrios Xinzo-Verín-Allariz-Celanova 8662.74
Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, SL Xornal Galicia Sur Pontevedra 10021.68
Letras a la Carta, SL Ourense por Barrios 10142.37
Letras a la Carta, SL Barrios Deportivo 13311.14
Sermos Galiza, SA Sermos Galiza 31542.03
     
  TOTAL 201.341

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

12 Chas

E a me.da oposición onde está ? Ou é q tamén lle teñen medo o panfleto pepeiro antigalego. Eu non entendo como toda a opsición son incapaces de denunciar este roubo económico e cultural que nos está facendo esta mafia a tódolos galegos....para iso non caí falta opsición e seguirán lambiéndole o cú ó Latorre.....patético !!!!!!

11 Anothercowinthecorn

O dedazo Pepeiro, pasta publica para os colegas que teñen os traballadores na máis absoluta precariedade e mentras eles a subirse o soldo. Non só a muller do Cesar non é honrada senón que lle importa unha mer-da non selo... Nin sequera teñen recato á hora de conceder subvenvions inmerecidas.

10 Españolistas dades noxo

Suspensión das subvencións ao castelán, a RAE, TVE, o instituto Cervantes etc. xa, que non lles fai falta (seica). Tendo inglés e galego sóbranos mundo pra falar. Fin da imposición do castelán (nacionalismo puro) e liberdade pra desenvolver unha vida en galego.

9 nostrus

Yo hablo a diario en gallego con mi mujer, mi hijo, mis amigos ctr, pero seria incapaz de escribir en gallego un libro técnico en el que compartir mi experiencia y sabiduria en una materia, con la mayor cantidad de gente posible. No lo haria por tener algo contra el gallego, sino porque en gallego no seria capaz de llegar a mucha gente, mientras que en castellano llegaria a todos los que comprenden gallego y a quinientos millones mas. De todos modos no me opongo a que alguien escriba en gallego si lo que quiere es que sus conocimientos lleguen solo a los que comprenden gallego. Cuestion de lógica y de rentabilidad y que cada uno haga lo que le de la gana aunque sea una burrada.

1 Españolistas dades noxo

"Yo hablo a diario en gallego" ben se nota. O do estado obrigándonos a usar o castelán a diario obviámolo tamén.

2 nostrus

Galegueiro que das mágoa. Que saibas que eu non teño ningunha obriga a falar ninguha lingua nin a practicar ninguha cultura para contribuir coa miña cuota de galeguidade, sinon que podo facer coa miña vida o que me dea a gaña. O de cumplir unhos parametros para acceder a galegidade deixoo para os naciotas, que seriades capaces de comer palla si vos din que é preciso para ser bon galego, porque os naciotas sodes os seres humanos que mais vos parecedes aos animais irracionais, que actuan por un instinto non dominado por eles. Para ser bon galego só é preciso ser boa persona, pero si tanto amades a Galicia deberedes respetar a realidade galega, ou sexa, as suas linguas, o modo de ser da xente desde a individualidade, o feito de que para ser galego é preciso ser esapñol, ctr. Tamen podedes abrazar unha Galicia ficticia producto da imaxinacion distorsionada dos naciotas, pero só conseguiredes ser unhos galegos resentidos e frustrados eternamente. Sufride o mellor que podades.

3 Freixo

As excrescências do supremacismo espanholista, galegófobo, racista e anal-fabeto em estado puro. COSTRUS de lixo fazendo de trolls e de mugre castelhano-espanhola em fóruns da Galiza.

4 teutonio

What an ignorant, write in English and you will reach way more people... Spanish is for gardeners and drug dealers

5 Nefelibata

¿De que tipo de textos técnicos falas? De manuales escolares. Por favor, todos sabemos que hoxe a tecnoloxía e a ciencia escríbense en inglés. Por certo, o teu comezo lembra moito ao de excusatio non petita... Francamente, sobre técnica escribirás, pero a redacción é mellorable. Feliz ano! Ai, non que ti debes preferir happyño new año.... Unha última pregunta, e logo ti Nostrus que ves sendo anarquista ou es dos que ven ben o nacionalismo nos outros pero non o seu... Quizais, para ter máis razón nos teus argumentos podías utilizar o inglés e así poderías criticar o nacionalismo dos outros.

6 Freixo

COSTRUSdelixo é supremacista e chauvinista espanhol; e isso de escrever livros técnicos é mais uma badocada, o que deixa na casa-de-banho cada vez que vai é mais interessante (poderá servir de adubo) que o que sai do seu cérebro.

8 Españolistas dades noxo

Suspensión das subvencións ao castelán, a RAE, TVE, o instituto Cervantes etc. xa, que non lles fai falta (seica). Tendo inglés e galego sóbranos mundo pra falar.