Temas: HUMOR

Atopan en Luintra unha necrópole do século XII de porteiros da Deputación

Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/01/2017 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

As primeiras probas con carbono 14 datan a necrópole nos primeiros anos do século XII e xunto cos restos humanos e funerarios atopouse unha especie de carné que os acredita como membros dunha antiga orde masónica coñecida como “Os da boina”.

Necrópole nun mosteiro en Ourense
Necrópole nun mosteiro en Ourense | Fonte: tempos galegos

necropoleEstudos preliminares indican que podería ser a necrópole da mítica cidade de Auria habitada totalmente por traballadores da Deputación de Ourense e que desaparecera dos libros de historia sen deixar rastro coa chegada do renacemento. Segundo o rastro deste descubrimento os historiadores agardan atopar o palacio do antigo presidente feudo-medieval da Deputación e dar así coa súa casa na que se agarda atopar toda unha colección de carros de bois e carros de cabalos antigos xunto cunha lexendaria unha colección de cadros e obras de arte dos máis recoñecidos artistas da idade media.

As catas indican que a necrópole ocupa unha extensión de catro kilómetros cadrados sendo unha das máis grandes do mundo naquela época e podería albergar o corpo duns vinte mil conserxes.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta