Condenan a El Corte Inglés por permitir acoso sexual

Case ningún medio de comunicación informa da condena a un xefe de tenda e ao hipermercado polo acoso sexual e laboral sufrido por unha empregada da Coruña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/01/2017 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

A CIG informou o venres que un xulgado do social acba de condenar a un xefe de tenda da Coruña e ao seu empregador EL CORTE INGLÉS, S.A. " por vulnerar os dereitos fundamentais dunha traballadora do centro de oportunidades de Altamira (Cambre) por acoso sexual e laboral". Tanto acosador como empresa cómplice foron condenados a pagar 30.000 euros á vítima.

Edificio de El Corte Inglés na Coruña
Edificio de El Corte Inglés na Coruña | Fonte: CIG

Malia a gravidade do probado no Xulgado e que un dos tres maiores sindicatos do país denunciou publicamente o caso onte, polo de agora os grandes medios de comunicación de Galicia non informaron da sentencia. Unicamente Sermos Galiza, Noticias Vigo e Notiticias Galicia se fixeron eco. El Corte Inglés é un dos maiores anunciante do Estado.

El Corte Inglés conta cunha Comisión Instrutora de Tratamento de Situacións de Acoso, e o citado órgano investigador aplicou a incoación dun protocolo preventivo. Con todo, a CIG lembra que este dispostivo " foi inoperativo e ineficaz, o que deixa en tela de xuízo a existencia destes mecanismos preventivos creados polas propias empresas, cuxa función, ten carácter puramente propagandístico, coa única función de proxectar a imaxe dunha empresa solvente e garante dos dereitos das traballadoras". A empresa non tomou ningunha medida preventiva a favor da denunciante.

El Corte Inglés negou a existencia de acoso

A central lembra que a actuación de El Corte Inglés en todo momento foi a de negar a existencia do acoso e isto aínda teño pleno coñecemento de que a traballadora se atopaba de baixa laboral por síndrome de estrés postraumático con causa no acoso laboral. Denegóuselle á vítima o traslado de centro que solicitara para protexerse da conduta denunciada sen máis motivo que minar as súas forzas.

A este respecto, a xuíza subliña que neste caso "non pode dicirse que a situación denunciada fora puntual ou episódica, senón todo o contrario, moi prolongada no tempo, o que significa que calquera tipo de control brillou pola súa ausencia. A empresa debería ter implantado os controis necesarios para evitar este tipo de condutas", ás que non puxo remedio nin tras intervir a Inspección de Traballo.

Tocamentos

O relato do sindicato di que os feitos denunciados remóntanse a finais de 2013, cando a traballadora (que leva na empresa dende o ano 2002) foi destinada ao centro de Altamira. O que nun principio parecía un trato amigábel por parte do xerente, converteuse pronto nunha manifesta actitude de acoso sexual. Ante o rexeitamento da traballadora ás insinuacións e tocamentos, o xefe comezou unha persecución laboral contra dela, na que tamén involucrou a outros encargados do centro.

Empezaron entón os insultos, as humillacións diante de compañeiros/as e clientes/as, as chamadas de atención continuadas, denegacións de permisos, ameazas de despedimento, difusión de rumores falsos sobre a vítima, vexacións, etc. Esta persecución constante deteriorou a saúde da traballadora, que sufriu varias crises nerviosas e finalmente diagnostícaselle un cadro ansioso-depresivo derivado desta situación de acoso, tendo que recibir terapia psicolóxica por estrés postraumático.

A dúas bandas

Este procedemento, de gran complexidade dados os continuos obstáculos que a empresa empregaba para ocultar os acosos denunciados, foi dirixido tecnicamente por Sandra Garrido, letrada da equipa xurídica de A Sensu Contrario, en colaboración coa avogada Lidia Vázquez Méndez, da asesoría xurídica da CIG da Coruña.

En outubro de 2015, ao non poder aturar máis esta situación, a traballadora solicita a activación do Protocolo contra o acoso ante a Comisión Instrutora de Tratamento de Situacións de Acoso do Corte Inglés (CITSA). Nese momento, volve pedir un cambio de centro de traballo (xa o solicitara sen éxito en maio dese ano) para que se garanta o seu dereito "a unha contorna libre de condutas e comportamentos hostís ou intimidatorios, garantindo así o dereito á dignidade e á integridade física e moral".

A empresa obvia as queixas da traballadora que ten que ir a Guardia Civil

En todo momento, El Corte Inglés negou a existencia do acoso e impide mesmo o traslado de centro de traballo como medida de protección. Esta resolución, carente de todo fundamento e que só se pode entender como un castigo, deixa en total desamparo e indefensión á traballadora, que, ante a inacción e insensibilidade da empresa decide presentar denunciar na Inspección de Traballo (que motivou un requirimento á empresa que non abarcaba a gravidade dos feitos denunciados e contra o que se puxo a correspondente reclamación).

Posteriormente, o 15 de decembro de 2015, a traballadora, ante a inacción da empresa e as institucións, interpón denuncia no Cuartel da Garda Civil de Culleredo que deu lugar ás Dilixencias Previas 24/2016 no Xulgado de Instrución nº 5 de A Coruña- actualmente, en fase de instrución por se, a gravidade denunciada e constatada nesta sentenza, puidera revestir delito penal. Xa por último, interpúxose pola traballadora a demanda de protección de dereitos fundamentais na xurisdición social que deu lugar a esta sentenza que é a primeira en resolver a cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Xtz

É incrible que habendo un protocolo de actuación en caso de acoso sexual ou acoso laboral (Prevención de riscos laboráis), ou debería habelo e logo de presentar o caso ante a comisión instructora CITSA (que forma parte da empresa) a solución teña que pasar por un xulgado. Algo non se fai ben no centro de A Coruña e na empresa en xeral.

1 Ing

E Citsa funcionó perfectamente. Emitió un informe que coincidió totalmente con el emitido por la inspección de trabajo. La propia inspectora declaró en el juicio negando la existencia de acoso. La jueza decidió que la única que decia la verdad era la empleada y todos los demás mentían o cuando menos estaban equivocados. Por qué?. Yo no tengo la respuesta. Por cierto fue la empleada la que decidió que esto fuera al juzgado, con la pretensión de 180.000€ de indemnización.