Temas: EDUCACIóN

A CIG-Ensino e A Mesa esixen un novo marco xurídico que remate coa "exclusión do galego" nas aulas

O conselleiro asegura que está "demostrado" que o decreto do plurilinguismo posibilita "un maior coñecemento" do galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2017 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística esixiron un novo marco xurídico que remate "coa actual exclusión do galego" nas aulas a consecuencia da aplicación da LOMCE e do decreto do plurilingüísmo.

Protestas de CIG-Ensino e A Mesa na Secretaría Xeral de Política Lingüística
Protestas de CIG-Ensino e A Mesa na Secretaría Xeral de Política Lingüística | Fonte: CIG-Ensino

Segundo explicou o sindicato nacionalista, unhas 50 persoas acudiron este mércores ás dependencias de Política Lingüística en Santiago de Compostela para "conseguir unha reunión" co secretario xeral, Valentín García, e o "o compromiso de ser recibidos" polo conselleiro do ramo, Román Rodríguez.

A CIG destacou que este "encerro" rematou xa esta mesma maña tras ser recibidos por Valentín García. O titular de Política Lingüística trasladoulles, segundo indicou a GC, que "se estaba a preparar unha circular para adaptar o decreto de plurilingüismo á LOMCE", pero non que teña recoñecido que a situación do galego "sexa ilegal e irregular pola aplicación da LOMCE", tal e como apuntou o responsable da CIG-Ensino, Anxo Louzao.

"Dende A Mesa e dende a CIG-Ensino deixamos claro que isto é totalmente insuficiente e que a única saída é derrogar este decreto e abrir un debate dirixido a elaborar outra norma coa que se camiñe cara á plena normalización lingüística", manifestou.

Ademais, indicou que solicitaron unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para trasladarlles as súas propostas. A este respecto, apuntou que conseguiron "ser citados o 15, 16 ou 17 de febreiro". Este extremo foi confirmado polo departamento autonómico, que explicou que si terá lugar este encontro para o que aínda non hai unha data fixa establecida.

POSTURA DO CONSELLEIRO

Pola súa banda, preguntado ao respecto nun acto en Rianxo (A Coruña), Román Rodríguez asegurou que "se demostrou socialmente e xuridicamente" que o decreto é "absolutamente viable" e que posibilita que "partindo dun equilibrio lingüístico" todos os galegos teñan "un maior coñecemento" tanto "a nivel oral como escrito" da lingua galega.

"En principio parécenos unha medida de presión que quizais non sexa a máis axeitada e sempre temos que apostar polo diálogo e por entendernos entre nós", sinalou sobre a protesta levada a cabo este mércores pola CIG e A Mesa.

Neste sentido, insistiu en que este decreto "está a cumprir a súa folla de ruta que é garantir o coñecemento pleno a todos os estudantes do sistema educativo". "E iso estase a cumprir sen ningún tipo de problema", apuntou.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 GALEGO

O GALEGO é a nossa língua, a dos galegos. O castelám é a língua dos castrons arrenegados, quase todos eles fascistas e seareiros do Trump e do Franco. VENCEREMOS!

1 Nexus 6

¿Por qué no tienen co jones para decir lo que realmente desean, que no es otra cosa que la inmersión lingüística obligatoria en gallego para todos los alumnos ? O dicho en otras palabras, la exclusión del español del sistema educativo de Galicia.

1 Fartodenaziocomunistasindepes

En realidad, lo que buscan es el adoctrinamiento del alumnado en relación a la lengua, la identidad, la nación y las tendencias políticas. Lo de la Anormalización Lingüística es un motivo más para todo lo anterior. Siempre, claro está, con la visión implícita o explícita del rechazo a todo lo español, su lengua, su sistema político.. negando la realidad de la pertenencia de Galicia a España o que para muchos ciudadanos gallegos, su lengua propia no es el gallego sino el español.

2 Pericán

En realidade, vós o que buscades é a volta aos oitenta e aos noventa, cando o galego era marxinal no ensino e só uns poucos profesores o utilizaban como lingua para as súas clases, moitos incluso facendo o propio material. E non lle deades máis voltas, vós o que queredes é o desequilibrio de sempre, aquel contra o que non vos manifestastes nin reclamastes que se garantiran os dereitos dos galegofalantes. E agora queredes que o alumnado galego teña menos competencia en galego porque así tamén evitaredes que os cidadáns do futuro se atopen seguros e queiran falalo en liberdade, nin máis nin menos. Sodes uns supremacistas.

3 GALEGO

isso é o que almejamos, mas havemo-lo fazer cos vossos métodos: pola calada.

4 Fartodenaziocomunistasindepes

A ver Xan Pericán, si a mí me parece bien que el que quiera maleducarse en gallego pueda hacerlo. Allá él. Pero pido la misma posibilidad de poder hacerlo en español. Debería haber tres modelos: uno en gallego, otro mixto al 50% y otro en español. Y que cada uno elija el que le parezca mejor. Pero me parece que tú no estás por que exista la opción para elegir el idioma. Tú debes ser de los fachas que quieren imponer la suya ¿ o me equivoco?

5 teutonio

Fartpdenaziocomunistasindepes, aínda por riba de que vos facemos o gran favor de intentar que os vosos fillos sexan bilingües, logren competencias sesquilingüísticas que non terían de ser monolingües e por tanto teñan mellor nivel de inglés, poidan aprender facilmente o portugués, teñan maior capacidade léxica ou fonética, máis facilidade mental pra falar outras linguas, etc..... aínda por riba que os vosos fillos teñen ese privilexio queixádesvos. Ogallá houbese segregación, despois quen escollese todo en castelán sería analfabeto en galego e tería un nivel de inglés como en Murcia.. non serían competencia pros fillos dos "talibán"