Temas: FEIJóO SERGAS

De cando Feijóo presumía de que o mellor sitio para parir era a sanidade pública

Villares di que estamos ante "outra mentira máis" porque Feijóo prometeu na televisión de La Voz que o seu fillo nacería nun centro público. O BNG súmase ás críticas e persoeiros do PP denuncian machismo. Vídeo no interior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2017 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, afeou este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que recorrese a un hospital privado para que a súa compañeira dese a luz ao seu fillo, na Coruña.

Durante unha visita a Lugo, Villares lembrou que o propio mandatario dixera "nun medio de comunicación" que tería ao seu fillo "nun centro público". "Pero que Feijóo falte á súa palabra é algo que non nos sorprende", subliñou.

"É algo ao que nos ten adoitados", incidiu, para facer alusión así a que "tamén o AVE ía chegar en 2018" e a que "tamén a AP-9 ía ser galega". "En fin, unha mentira máis non é algo que nos sorprenda", resolveu.

Reacción do BNG

Tamén a través de Twitter tivo unha reacción similar o BNG, que parafraseou, a modo de crítica, ao mandatario autonómico na mesma intervención á que se refería Villares. "Iso era en campaña (que o mellor sitio para dar a luz son os hospitais públicos), agora Feijóo prefire a privada?", apunta na súa conta nesa Rede.

Maternidad Belén na Coruña
Maternidad Belén na Coruña | Fonte: Hospital Modelo

As manifestacións realizadas polo portavoz parlamentario de En Marea foron censuradas por dirixentes populares, como o secretario xeral galego, Miguel Tellado, e a deputada autonómica Paula Prado.

Resposta de Tellado

"Lamentable @VillaresLuis con machismo repugnante sobre que o home debe impor á muller onde dar a luz e sen respectar nada", recriminoulle Tellado.

"Penoso @villaresluis non se lle ocorre nada mellor que dicirlle a unha muller onde debe dar a luz e facer partidismo con quen non está en política", reprochou, pola súa banda, Paula Prado.

A contorna do presidente bota balóns fóra

Segundo a Ser, fontes próximas ao presidente dixeron aos medios que acoderon a esta clínica porque alí traballa o xinecólogo de Eva Cárdenas. O embarazo, debido a súa idade, estaba declarado de risco.

Feijóo nunha entrevista en Vtelevisión
Feijóo nunha entrevista en Vtelevisión | Fonte: Juan Miguel Garrido
Temas: FEIJóO SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 Hipocritas son Chovi

Políticos como Feijóo, Beiras, moito falar da pública pero logo un a muller del ten o fillo na privada e outro vaise operar á privada. http://www.lavozdegalicia.es/notici...