Nova andaina

O Partido Popular de Lugo ten comité local. Tardamos máis de dúas décadas pero, por fin (e non era xa sin tempo), os militantes deste concello, capital da provincia, tivemos a oportunidade de votar, de elexir en definitiva, a executiva que nos represente e tamén, claro está, nos dirixa.

Por X.M. Barreiro | | 21/12/2009

Comparte esta noticia

Non vou a negar, nin sequera a disimular, nin coma militante de base nin coma presidente provincial, a miña ledicia por este importante paso. Lugo, por motivos obvios que non creo preciso sacar a relucir aquí, non podía permanecer alleo ó proceso de renovación das estructuras orgánicas que estamos a impulsar dende a dirección provincial do partido en toda a provincia, e menos aínda carecer delas.

Non podo negar (nin tampouco quero facelo) que o caso lucense foi un empeño que dende o primeiro momento asumín coma persoal. Agora, cumprido o obxectivo, tamén recoñezo estar moi satisfeito de ter perseverado, pode incluso que obstinadamente, nesta idea. Unha formación política coma a nosa, cunha base social que ronda os 3.400 afiliados, non podía continuar sin os órganos directivos pertinentes.

É preciso, básico incluso, encauzar toda esa forza, todo ese potencial humano, nun discurso e nunha acción política homoxénea na que conflúan, con debate interno constante e coa participación de todos, todas esas múltiples aportacións e sensibilidades. Non podíamos seguir desaproveitando por máis tempo esa riqueza que, non hai que esquecelo, é a que mantén viva a unha forza política e, o máis importante, a que a perpetúa no tempo moito máis aló das propias persoas individuais que a conforman.

Dito esto, non podo esquecer tampouco, e menos aínda deixar de loubar e agradecer, o traballo desenvolvido durante este tempo polos responsables dos diferentes distritos e seccións da cidade e da zona rural. Eles asumiron ese papel organizador e aglutinador imprescindible para que o Partido Popular do concello de Lugo esté onde está. A súa herdanza, o seu esforzo, a súa entrega, fan que iniciemos esta nova andaina dende moi alto.

Esa importante laboura e o recoñecemento que merece fixo que o novo presidente local, con moi bo criterio, os integrara na recién elexida executiva porque, coma dixo o propio Jaime Castiñeira durante a celebración do congreso, todos somos necesarios para seguir enriquecendo e ampliando o proxecto político que representa o Partido Popular de Lugo.

Creo que a estas alturas tampouco é preciso enumerar as moitas cualidades e a traxectoria que avalan o novo presidente porque son de sobra coñecidas. Penso que os militantes do PP de Lugo acertamos de pleno coa súa designación.
Temos agora moitos retos por diante, moitos pasos que dar, e un dos máis inminentes é acadar a Alcaldía de Lugo. Estou convencido que co esforzo de todos e baixo as directrices de Castiñeira e o seu equipo ímolo conseguir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog