Futuro hipotecado

Vagancia e derroche. Así poderiamos resumir a actución do equipo de goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro na Deputación de Lugo tras ter rebasado algo máis da metade da presente lexislatura.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 12/01/2010

Comparte esta noticia

Unha impronta que se converteu xa na marca da casa socialista, coa necesaria connivencia, no caso concreto desta provincia, do BNG, e que vai a persistir no 2010 a tenor dos orzamentos aprobados no derradeiro pleno do pasado ano, aínda que con algúns agravantes máis a engadir á de por si preocupante situación xeral.

Un dos perxuizos máis graves e que irremisiblemente hipotecará o futuro da administración provincial é o alto grao de endebedamento que contemplan estas contas e que suporá triplicalo con respecto ó pasado exercicio, ó pasar de oito a 25,5 millóns de euros.

Certo é que, en momentos de grave recesión económica, as administracións, sexa cal sexa o seu ámbito de influencia, deben redobrar os seus esforzos para asegurar que o nivel de investimento se manteña e incluso, en aras de manter activa a economía, incrementalo todo o posible, aínda que sexa a costa de aumentar a débeda ata o mesmo límite permitido.

Neste contexto, se a Deputación recurrira ó préstamo para dotar de infraestructuras á provincia ou para axudar ós sectores productos básicos a superar o peor momento da súa historia, estaría xustificado e sería ata loable triplicar a débeda coma decidiu facer o bipartito provincial. Pero si resulta que esa hipoteca non vai servir para ningún deses fins porque, de feito, o investimento real da Deputación vaise reducir nun 20 por cento, o Partido Popular, como así deixou claro na aludida sesión plenaria, non pode ser partícipe, e menos aínda cómplice, deste despropósito, desta desfeita que non só lapida a boa herdanza recibida do anterior goberno provincial, senón que empeña o futuro da institución e, por extensión, da provincia.

Afirmaba Besteiro que os orzamentos para este ano que estamos encetando son expansivos e contracíclicos, pero tal cousa, si se incrementa a consignación para persoal, o gasto corrente e a transferencias correntes e se reducen as partidas adicadas a inversión productiva e a transferencias de capital, non é posible.

Recapitulando, o goberno que dirixe Gómez Besteiro, ademais de tirar de crédito sin a mesura que os tempos e todos os expertos económicos nacionais e internacionais aconsellan, gasta máis do debido en cuestións nas que, precisamente polos tempos que corren, deben concentrar a austeridade e o aforro.
Duplicar, con respecto ó 2009, a partida adicada a gastos diversos dista moito de ser a opción correcta. Reducir considerablemente o gasto productivo e pola contra adicar 4,2 millóns de euros a publicidade e propaganda ou a atencións protocolarias e reservarse incluuso 800 mil euros desta partida a gastos para os que nin sequera se especifica o destino roza o insulto a todos os lucenses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog