ANOVA e Xeira botan aos que empezaron a liorta na Asemblea

O conflito comezou durante unha intervención de Beiras. Xeira deixa a porta aberta a que os mozos da FPG sancionados volvan á organización no caso de acudiren a talleres de “despatriarcalización”.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 20/03/2017 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A liorta na Asemblea de ANOVA está a ter consecuencias inmediatas entre a súa militancia. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo esta mañá que os implicados xa non están no partido.

Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova
Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova

ANUNCIO DE MARTIÑO NORIEGA

“Cóstame que nestes intres xa non forman parte da organización” declarou o luns o edil, que en todo caso puntualizou que el xa non forma parte da directiva de ANOVA, polo que deben ser os órganos oficiais quen aclaren as medidas adoptadas.

O mandatario nacionalista cualificou de “anécdota desagradable o sucedido”. Un suceso contraditorio, na súa opinión, porque o resto da Asemblea, no que finalmente só houbo unha lista candidata á dirección, foi tranquilo.

COMUNICADO DE XEIRA

Xeira, as mocidades vinculadas ao partido FPG, cuxa militancia se integrou en ANOVA, tamén reacionou rápidamente. Este domingo facía público un comunicado de “autocrítica” no que mostra o seu desmarque ante “conductas tóxicas”. Para os implicados, Xeira anunciaba a “consecuente separación inmediata da militancia da nosa organización”.   O colectivo de mozos tamén lanza as  “máis honestas e enérxicas desculpas” ante o “dano que militantes nosos puideran ter ocasionado ao movemento popular”. 

Rifa no III Asemblea de Anova
Rifa no III Asemblea de Anova | Fonte: EP

A expulsión destes individuos de Xeira pode ser só unha medida provisional. Así, a organización próxima a Frente Popular Galega sinala que as medidas son temporais, “ata que se demostre predisposición e formas para volver a militar, á vez que mentres non militen serán emprazados a acudir de forma periódica a talleres de formación implantados por compañeiras sobre despatriarcalización das prácticas socio-políticas”. Para eles o sucedido débese en parte a “unha forma estrutural do patriarcado” que cómpre corrixir. 

CRÓNICA DO SUCESO

O detonante foi a intervención dun militante de Cangas que, desde o público, cuestionaba as palabras de Beiras cando defendía a unidade popular pola que aposta Anova e reivindicaba a súa incuestionable traxectoria nacionalista, mesmo como membro de En Marea.

Estas afrontas desde o público motivaron que o secretario de Organización saínte, Rafael Dopico, pedise a este militante que falaba desde o público respectar a intervención de Beiras --nese momento no uso da palabra--.

Á súa vez, orixinou as protestas dalgún membro do colectivo Xeira pola actitude deste militante --que, segundo confirmaron fontes desta organización a Europa Press, xa non pertence á FPG--.

OVACIÓN, ABRAZO E RIFA

Tras a intervención de Beiras houbo unha forte ovación e mesmo o veterano político abrazouse con Méndez Ferrín, histórico da FPG. Con todo, ao mesmo tempo que se puña a xente en pé para aplaudir ao histórico dirixente de Anova, un grupo de mozos de Xeira, que segundo fontes consultadas por Europa Press afiliáronse nos últimos meses á organización nacionalista, enfrontáronse aos militantes que increparon a Beiras e a situación acabou con empuxóns e patadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

9 Genebrando

Pero, a estas alturas, sinceramente...importa a alguien lo que hagan o dejen de hacer esta panda de buitres trepadores de cuanta organización y colectivo ultraminoritario hay? Anova es la cloaca que se ha dedicado a recoger toda la mirda que había en el BNG e independentismo. Todos detrás del cobrador máis viejo del Parlamento al que no le gusta trabajar.

1 Denuciña

Se tanto ultraminoritarios son como dis, por qué te alporizas? Enton mellor para os fachas que nos gobernan e nos rouban ata o último duro. Asi, deficientes mentais coma ti podedeslle seguir votando e meterlle os fociños no cú en plan, si bwana.

2 Kollontai luguesa

Pido de novo a intervencion do moderador diante de comentarios coma esta replica. E que ides consentir de todo por ter mais visitas?

3 Denuciña

Ou sexa, ofendenste pola miña réplica e quedaste tan "pancha" cos insultos vertidos no primeiro comentario? Xa que eres tan sensible, pide polo menos que interveña en ámbolos dous comentarios e de paso, se eso, vas marcando aqueles que non che gustan, que son uns cantos... Así quedas de campeona.

4 Genebrando

Desculpe animal "denuciña", podría hacer el favor de indicar qué palabras o juegos semánticos he escrito que usted considera y eleva a la categoría de "insultos"? Gracias.

5 Denuciña

Vese que estiveches a voltas co dicionario, debeu ser emocionante telo por primeira vez entre as túas mans. Esta vez, e dado que o teu cerebro só funciona a un 25% de capacidade dunha persoa normal, e vindo de ti xa é moito, vouche axudar... Chámarlle merdas a aqueles que estiveron no BNG e se pasaron a Anova non é un insulto? Cloaca poderíasllo chamar a un partido infestado de corruptos e imputado pola xustiza como é o caso do PP, esto último que vaia a título de mera recomendación. Agora tomate o teu tempo, que sei que che vai facer falta.

6 Kollontai luguesa

Os teus insultos reflicten a túa demagoxia barata e incapacidade de argumentar. Pido de novo que se valore por parte deste medio a conveniencia de permitir este tipo de insultos e descualificacións. E moi grave o que está a facer este energúmeno ou energúmenos e o voso silencio é cómplice. E non a palabra axeitada non é a que empregou, a palabra axeitada sabédela vós moi me ben... E unha palabra dura que queima na alma. Xa case destruístes o nacionalismo por postiños e xenreira. Deixádenos vivir en paz ao resto dos galegos. En paz, si. Non nos amedentraredes. Non o imos consentir os galegos de ben, independentemente da nosa ideoloxía. Pediría aos membros e simpatizantes das Mareas que reflexionasen sobre o que es ti e o que representas. Non che vou responder por moito que me insultes neste foro.

7 Denuciña

Os insultos de quén? Os meus ou os do Troll españolisto? O que non podes facer a tirar a pedra e esconder a man, non podes pedirlle o moderador que non permita insultos e que lle chames energúmenos ao personal (teño a esperanza que fora dirixido ao do primeiro comentario). Postos a pedir... Alá vou eu tamén: pídolle ao moderador que intente controlar na medida do posible aos trolls fachas que tanto polulan por estos lares, incluso aqueles que se disfrazan de miñaxoias; pedirlle tamén que abra un espacio para que Kollontai poida repartir urbi et orbe as súas lecións de estilo e por último, permitirme facerlle unha suxestión ao moderador, en caso de que a linguaxe empregada por algúns "energúmenos" sexa demasiado ofensiva para a señora, incluir unha vía de escapa con enlaces tal ca éste http://www.rtve.es/alacarta/videos/... e así poida vivir en paz e en perfecta sintonia co infinito universo que a rodea.

8 Martiño

Deixando o incidente ao lado, o cal penso que se está a expremer demasiado, debo dicir que o comunicado de Xeira é todo un exemplo de autocrítica e madurez política da que moitas organizacións "adultas" carecen. E alédame ver que haxa partidos con principios e humildade e que non lles pese a man á hora de tomar medidas drásticas contra accións e persoas que dinamiten ou entorpezan a súa loita. Ben por eles. Estamos lonxe ideoloxicamente eles e mais eu, mais ben por eles por cousas coma esta.

1 anonimo

De apelido Nogueira, supoño.

2 Martiño

Non, Gómez. Se vostede é tan bo nos demais ámbitos como é no das suposicións interesadas, compadézome da súa persoa. Un saúdo

3 carbalheira

madurez, estás de coña non?

4 Desculpas?

Do texto da autocrítica "Por moi agresivas que sexan as provocacións..." A mín sóame a iso de levaba unha falda moi curta, andaba a buscalas, etc... Mala desculpa pode ser comezando así

5 Xaestamos

"Deixando o incidente" á marxe......pois enton todo foi ben e non andaron a golpes e resulta que todo foi un soño. Este tipo de "incidentes" retratan o que é unha oeganización e definen unha vida interna na que impera o matonismo. As desculpas? Que llas pidan ao seu "compañeiro" ao que patearon.

7 nostrus

Anova debe ser una especie de legion extranjera en la que tododios tiene cabida si es para hacer bulto. Librenos Dios de que algun dia dirija los destinos de Galicia una organizacion cuya materia prima son los energúmenos y cuyo führer en cierta ocasion se hizo oir a base de golpe de zapato.

1 Amigdala

Qué va!! si es mucho mejor ser dirigidos por unos corruptos que dejan morir a enfermos de hepatitis C, habiendo tratamientos para ellos, con la excusa del ahorro. No creo que haya peores energumenos que ellos, de los que por cierto, tu seguramente formes parte.

2 nostrus

Amigdala. Si, esos que tu dices tambien son energúmenos, pero si gobernaran los siervos de Beiras habria recortes para todo, excepto para la cultura y el gallego que lo habria hasta en la sopa. Mentalízate que los nacioneros su reino no es de este mundo y solo les preocupa la espiritualidad y la identidad; pero la identidad colectiva porque la que quiera mostrar el individuo no cuenta. Para los nacionáticos el individuo solo es un elemento inerte y la parte mas indivisible de la sociedad es el rebaño.

3 Amigdala

Piensa el la-drón que todos son de su condición... Pero si a nacionàticos(españolistas), como tú los llamas, a los del PP no les ganan ni los catalanes. Por lo demás, como ya dije, hay que caer muy bajo para dejar morir a unas personas con el fin de ahorrar un dinero, que al final se metieron en el bolsillo. Triste

4 APAÑERO

Pero o Rivera ¿non era de xuventudes do PP?, ¿non fixo gobernar ó PP nesta lexislatura? Entón, se a basura saiu dalgún lado foi do PP cara a cidadáns, non si?. Quén vos dira recoñecer a algún do BNG entre os vosos. Polo pronto sodes un feixe de inútis, ningún dos sitios donde os vosos gobernaron tivo tantos éxitos coma o BNG nos seus concellos. Porque non tedes outro discurso co de "VIVA APAÑA" co cal non se planifica e o que é máis non se come, nin se salva o naval, nin se fan as vias de ferrocarril internas de Galiza, nin se evitan os desafiuzamentos abusivos (nin teriades de dónde chupar, porque os impostos dos demais que vos manteñen non habería de donde sacalos). ¿De qué falades, fato de inutis?

6 Galego

O peor é que os rapaces que comezaron a liorta teñen razón, razón que perden nás formas. Menos mal que eran 100 persoas se van 1000 acaban a navallazos.

1 José

Totalmente de acordo. Tamén se esta a obviar que a primeira mostra de agresividade mostrada foi un empurrón destes que non deixaban falar ao Beiras a un xoven de Xeira, ante o que os seus compañeiros responderon cunhas formas que obviamente non foron as ideais, mais que en fin... Estase a criminalizar unha organización e uns rapaces de forma brutal cando a culpa debería ser asumida tamén pola outra parte, en teoría máis madura (ao menos pola idade) mais que non tiveron as agallas nin de desculparse publicamente e de tomar medidas tal e como a organización xuvenil si fixo e deu exemplo de coherencia e autocrítica. E que eu defenda a Xeira manda narices...

5 Eu mesmo

Quedo pampo coa masiva asistencia a asemblea, segundo a primeira das fotos. Non a de estar nin o de trolls a soldo do bng en 3,2,1 que tanto escrebe por aquí. Ou será o que está espatarrado a esquerda da imaxe?