ANOVA e Xeira botan aos que empezaron a liorta na Asemblea

O conflito comezou durante unha intervención de Beiras. Xeira deixa a porta aberta a que os mozos da FPG sancionados volvan á organización no caso de acudiren a talleres de “despatriarcalización”.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 20/03/2017 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A liorta na Asemblea de ANOVA está a ter consecuencias inmediatas entre a súa militancia. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo esta mañá que os implicados xa non están no partido.

Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova
Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova

ANUNCIO DE MARTIÑO NORIEGA

“Cóstame que nestes intres xa non forman parte da organización” declarou o luns o edil, que en todo caso puntualizou que el xa non forma parte da directiva de ANOVA, polo que deben ser os órganos oficiais quen aclaren as medidas adoptadas.

O mandatario nacionalista cualificou de “anécdota desagradable o sucedido”. Un suceso contraditorio, na súa opinión, porque o resto da Asemblea, no que finalmente só houbo unha lista candidata á dirección, foi tranquilo.

COMUNICADO DE XEIRA

Xeira, as mocidades vinculadas ao partido FPG, cuxa militancia se integrou en ANOVA, tamén reacionou rápidamente. Este domingo facía público un comunicado de “autocrítica” no que mostra o seu desmarque ante “conductas tóxicas”. Para os implicados, Xeira anunciaba a “consecuente separación inmediata da militancia da nosa organización”.   O colectivo de mozos tamén lanza as  “máis honestas e enérxicas desculpas” ante o “dano que militantes nosos puideran ter ocasionado ao movemento popular”. 

Rifa no III Asemblea de Anova
Rifa no III Asemblea de Anova | Fonte: EP

A expulsión destes individuos de Xeira pode ser só unha medida provisional. Así, a organización próxima a Frente Popular Galega sinala que as medidas son temporais, “ata que se demostre predisposición e formas para volver a militar, á vez que mentres non militen serán emprazados a acudir de forma periódica a talleres de formación implantados por compañeiras sobre despatriarcalización das prácticas socio-políticas”. Para eles o sucedido débese en parte a “unha forma estrutural do patriarcado” que cómpre corrixir. 

CRÓNICA DO SUCESO

O detonante foi a intervención dun militante de Cangas que, desde o público, cuestionaba as palabras de Beiras cando defendía a unidade popular pola que aposta Anova e reivindicaba a súa incuestionable traxectoria nacionalista, mesmo como membro de En Marea.

Estas afrontas desde o público motivaron que o secretario de Organización saínte, Rafael Dopico, pedise a este militante que falaba desde o público respectar a intervención de Beiras --nese momento no uso da palabra--.

Á súa vez, orixinou as protestas dalgún membro do colectivo Xeira pola actitude deste militante --que, segundo confirmaron fontes desta organización a Europa Press, xa non pertence á FPG--.

OVACIÓN, ABRAZO E RIFA

Tras a intervención de Beiras houbo unha forte ovación e mesmo o veterano político abrazouse con Méndez Ferrín, histórico da FPG. Con todo, ao mesmo tempo que se puña a xente en pé para aplaudir ao histórico dirixente de Anova, un grupo de mozos de Xeira, que segundo fontes consultadas por Europa Press afiliáronse nos últimos meses á organización nacionalista, enfrontáronse aos militantes que increparon a Beiras e a situación acabou con empuxóns e patadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

14 Sexx

"talleres de formación implantados por compañeiras sobre despatriarcalización das prácticas socio-políticas" buuuaaajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja

13 Mateo Morral

Por favor, sed claros en las calificaciones!! No podeis decir que este cónclave de izquierdismo infantil sea nacionalista!!!!!! y quedaros tan panchos.......Estos grupos y estos señores que militan en Anova, FPG, Marea, etc. etc.. son gente de izquierdas, alguno incluso buena gente de izquiedas! pero nacionalista?? no en este caso no es correcta esa denominación!

12 feminista estupefacta

Sempre sospeitei que na nova política o feminismo era escaso e deformado par que encaixara en certos intereses de certas persoas. Pero ver que a esta rapazolada se lle vai castigar con horas coas feministas facendo collages sobre integración (ou o que quieran dicir cos obradoiros de despatriacalización) xa toca na mofa. O feminismo como castiga para postadolescentes hormonados. Veña ho!

11 Xaestamos

"Talleres" de que? De "despatriarcalización"? E digo eu que ademais e sobre todo recibiran, por primeira vez sen dúbida, unhas aulas de politica democrática e máis de urbanidade e educación. Este espectaculo só podía proceder dunha asemblea de Anova. Veña, a pola IV asemblea, a de disolución.

1 Kollontai luguesa

De paso que se xunten cos da RAG, que ultimamente semella ser unha pola máis deles para desprestixio de quen debería ser luz e faro da lingua galaico-portuguesa. Están tentando destruír o nacionalismo galego, non o vedes? Non o consintamos. Eu non son son nacionalista, pero é preciso que exista unha forza nacionalista forte nestes momentos nos que se pode reformular a estrutura do estado. Ia facer un comentario irónico, do estilo de "vaia outra purga da U", pero a situación non o permite. Encima, pensade nos comentarios tan agresivos que algún anda a facer insultándome a min e a outras persoas. Non consintamos que se energuemunice a política galega. A todas as xentes de ben de esquerdas e dereitas: non permitades que nos amedrenten aos que pensamos distinto. Ben podedes comprobar a virulencia dos ataques que eu mesma recibín e tamén outros comentaristas. Se están doentes, que se aguanten, pero que nos deixen en paz aos demais.

10 undecompostela

moi bon a analise de xeria, uns fenomenos: ao de movemento popular fáltalhe movemento popular espanhol (fastidia escoitar a realidade pero eso é o que é). Patriarcado e talleres de despatriarcalización.... o que tedes que ir vos é a un talher de nacionalismo galego para saber o que é. Que viu e que ve a FPG o mundo ao revés

1 FRPU

Non disimulades nada o moito que vos proeu a resposta rápida e eficaz da mocidade arredista. Proévos tanto coma o feito de que se estexan a converter na organización hexemónica do movento xuvenil e estudantil galego. O nacionalismo déixao para tí e para os teus. As comunistas galegas non somos nacionalistas nin o queremos ser, somos independentisas, republicanas e sobretodo de esquerdas.

2 Galego

O teu e obxetividade o 100% frpu, ata que un fenómeno destes deulle unha patada a traizón nás costas a un camarada ninguén sabía que era xeira, de tódolos defensores e taparrabos dun lado e doutro ti levas a palma, e volvo repetir que para min teñen a razón os rapaces que decían que Beiras vendeuse a Podemos pero perden a razón nás formas.