O tren no que se pode ir gratis pero sen garantía de chegar a destino

Avarías diarias, longas esperas nos andeis sen ninguén a quen poder preguntarlle, viaxes interminábeis porque o tren para en todas as estacións porque que non hai revisor … A descripción que fai a Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol Ribadeo é dantesca, propia dun servizo que o Estado leva décadas deixando esmorecer para, se cadra, pechalo.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 20/03/2017 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

Os usuarios denuncian que a miúdo teñen que recollelos taxis e autobuses ante as constantes avarías dos novos trens. Tamén alertan de que os horarios foron cambiados para facelos máis impracticábeis e que mesmo non se contan os pasaxeiros co fin de menoscabar a importancia do FEVE.

Tren da liña do FEVE
Tren da liña do FEVE | Fonte: change.org

Ante esta situación, a citada Plataforma un comunicado no que reclaman a todos os concellos, asociacións e colectivos da zona que se una a súa reivindicación. Tamén argumentan que cómpre transferir a liña á Xunta de Galicia dado o “abandono” por parte do Ministerio de Fomento.

A Plataforma lembra que o FEVE - o ferrocarril de vía estreita- é o único servizo de transporte público que artella as comarcas de Ortegal, Ferrolterra e a Mariña de Lugo. Unha zona que, ademais, ten un importante atractivo turístico, un sector que sería ideal para potenciar este tipo de tren.

O ano pasado foron máis de 480 as persoas que asinaron en Change.org para reclamarlle a Renfe, a Xunta e Adif que se poñan as pilas. Polo que se ve, polo de agora as administracións fixeron oídos sordos a estas reclamacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

480 pax? menuda gilipollez de noticia, no había nada mas? en serio?