Gasto descontrolado

Non están os temos para moitas alharacas. Os recursos económicos son escasos e todos, tamén as administracións, temos que facer contas e fuxir daquelas especulacións ensoñadoras da leiteira. Claro está que, coma en todo, hai quen sen aplica o conto e quen non.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 25/01/2010

Comparte esta noticia

A austeridade non foi nunca unha virtude da que pudieran facer gala os socialistas. Exemplos hainos, e moitos, que seguro aínda están moi presentes na lembranza de todos. Tampouco se atopa entre as cualidades dos socialistas, cando menos os que gobernan na Deputación de Lugo en colaboración cos nacionalistas, facerlle moito caso ás recomendacións dos técnicos.

E digo esto porque na administración provincial bipartita estase a establecer a norma, entre outros malos hábitos, de aprobar vía xunta de goberno e máis recentemente vía decreto da Presidencia, quizais nun afán por aforrar tempo e aínda máis contido as xa de por si exiguas ordes do día das xuntanzas semanais dos membros do equipo de goberno, o pago de facturas que non teñen consignación orzamentaria. É dicir, que non responden ó compromiso derivado dun contrato previo e que, como consecuencia, tampouco estaban contempladas nos presupostos xerais da Deputación.

Durante o pasado ano, pese a elo, autorizouse o abono por este método, que podemos calificar eufemísticamente de alternativo, máis de dous millóns de euros, o que ben sendo o dous por cento do orzamento previsto pola Deputación. Os informes de intervención amosaban reparos sobre esta práctica ó entender que calquer gasto que se faga debe contar coa súa consignación correpondente, cunha previsión, para entendernos.

Certo é que nas administracións, como en calquera casa, xurden imprevistos ós que hai que darlles solución. Pero coma en calquera casa o custo derivado, por poñer un exemplo, da limpeza dos edificios é ben previsible e, polo tanto, hai que contar con el.

Para que haxa un control sobre o gasto, para que saibamos os cartos que imos precisar para o correcto funcionamento das institucións, xa sexa en personal, en mantemento ou en proxectos que se queiran acometer, fanse os orzamentos.

Claro está que hai que pagarlle ás empresas que prestan un servicio para que a súa vez os seus traballadores perciban o seu salario (e máis nos tempos que corren), pero ese pago previsible ten que estar contemplado nos orzamentos da institución, porque este caso concreto ó que me estou a referir a modo de exemplo, non responde á categoría de imprevisto.

O que denota este hábito, legal pero cuestionable dende o punto de vista político, é que no equipo de goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro non hai ningún control sobre o gasto. Á vagancia sumaselle a improvisación, co agravante de que faise caso omiso ás recomendacións dos propios técnicos provinciais que reiteradamente puntualizan que esa non é o xeito correcto de facer as cousas.

As malas maneiras hai que rectificalas, e con urxencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog