Polémica por un convenio coa COPE en Vedra

"O alcalde usa diñeiro público para que un medio lle faga gabanzas", acusa un concelleiro da oposición; o acalde responde en declaracións a GC que se trata de promocionar o municipio. Contrato no interior.

Por Manuel Vilas | Vedra | 24/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Roberto Castro Rocamonde, concelleiro da oposición (BNG Asembleas Abertas), denunciou o asunto ante o interventor municipal. Na denuncia o edil asegura que o documento “ten a aparencia dun acordo amigable entre o alcalde (PP) e Radio Galicia S.A –Cope, no cal o alcalde utiliza diñeiro público para dar a un determinado medio de comunicación e que por outro lado este faga públicas gabanzas ao rexedor”. Segundo a documentación á que tivo acceso GC, o municipio paga 250 euros ao mes máis IVE por isto.

'Contrato de colaboración' entre o Concello de Vedra e a COPE
'Contrato de colaboración' entre o Concello de Vedra e a COPE

En declaracións a GC, o alcalde Carlos Martínez Carrillo (PP) nega  estas acusacións.  Para el o acordo " supón a posibilidade de dar publicidade a parte das moitas accións socioculturais, turísticas, obras e de toda índole realizadas e outras  de interese para o municipio; da mesma maneira que temos convenios con outros medios de comunicación para a implantación de cuñas publicitarias, etc,… tanto de accións municipais como de distintas asociacións que así o solicitan ao longo do ano".

Segundo o relato do edil opositor, cando pediu información sobre o acordo con COPE o Executivo Local facilitoulle o documento que ilustra esta noticia. Malia levar o título de “contrato de colaboración”, non consta nin data de formalización nin duración, requisito legal imprescindible de calquera contrato público. O alcalde pola súa banda indica que "firmouse un primeiro para o ano 2016, e este ano firmouse un novo para o 2017".

Castro Rocamonde alerta que tampouco hai Resolución da Alcaldía aprobando o gasto. GC comprobou que no perfil do contrante da web municipal non está publicado este “contrato de colaboración”. 

Nas actas da Xunta de Goberno en 2016 si aparece a apobación mensual das facturas baixo o nome “Concerto de colaboración para emisión de información sobre o concello de Vedra de feb. a dec. de 2016”. O político do PP argumenta que o "convenio ou acordo anual" ten "pouca relevancia ecnómica" polo que el como alcalde pode aprobalo sen ser necesario expediente de contratación, algo que "é habitual nos concellos galegos".

Corporación municipal de Vedra, o alcalde é o máis alto da primeira fila, o concelleiro do BNG Castro Rocamonde é o primeiro pola dereita na segunda fila
Corporación municipal de Vedra, o alcalde é o máis alto da primeira fila, o concelleiro do BNG Castro Rocamonde é o primeiro pola dereita na segunda fila

O representante do BNG láiase que COPE obvia as denuncias da oposición mentres que, por exemplo, o “importe pagado no ano 2016, máis de 3.000 euros, para Vedra é similar ao que este concello inviste nun servizo como transporte público, que en Vedra é totalmente deficiente e ineficaz por falla de proxecto e de investimento”. O alcalde do PP rebate que o convenio anual  "é máis vantaxoso que facer contratacións puntuais para os mesmos servizos" puntualmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Pancho_aldea

¡Meu deus! Algo se move en Vedra...¿Xa lles diron algún premio pola súa laboura? Sería unha cousa novidosa para un concello do PP que gañaran algún premio fora de España (que xa sabemos que os de España andan moi solicitados e van por orde de intereses do réxime).

1 Saleta

Y los convenios de Martiño con la SER?Ah ! Que no hay huevos a denunciarlos...No vaya a ser que nos quiten la subvencion a nosostros

1 Quenoteenteras

Pois a verdade, a Ser Radio Galicia está dandolle moita caña a Compostela Aberta. Chama bastante a atención.