Freixanes será o futuro presidente da RAG

A súa é a única candidatura que se presenta para substituír a Alonso Montero tras desistir os críticos de presentar outra lista.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/03/2017 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) terá novo presidente este martes e xa ten nome. Será o escritor e xornalista Víctor Freixanes. A súa é a única candidatura que se presentou para presidir esta institución no pleno extaordinario que se celebra este martes.

Víctor Freixanes
Víctor Freixanes

Finalmente, e a pesar dos amagos dalgúns académicos, Freixanes non terá rival. A candidatura que se anunciará arredor de Manuel González finalmente non foi presentada por falta de apoios.

A lista de Freixanes vén avalada polos académicos Xesús Alonso Montero, Margarita Ledo Andión e Antón Santamarina Fernández.  O proceso electoral púxose en marcha o pasado 17 de marzo coa conclusión do mandato de Xesús Alonso Montero.

Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, xornalista, editor e profesor universitario, e ten a condición de académico numerario da RAG desde 2004. Foi director de Editorial Galaxia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta